Imaxinades chegar á casa, abrir a caixa do correo
e atopar unha postal ou unha carta, que non fose unha factura?
Pois así era ata hai ben pouco...
Non vos parece unha mágoa perder este costume...?
Estas cartas escribíronas os alumnos de 1º ESO con Pilar, en galego.
Darío e Margarita, os destinatarios, son dous coñecidos escritores...
Adiviñades quen? Sabedes dalgún libro deles?
Gustaralles recibilas? Contestarán? Virán a vernos?

Escoller o papel, procurar un bolígrafo que escriba ben, expresarte con coidado, dobrar facendo coincidir as esquinas, escribir o enderezo nun sobre, colocarlle un selo, camiñar ata unha caixa de correo, e confiar noutros para que a túa carta ou postal chegue perfecta ás mans desa persoa á que escribes...
ResponderEliminarE é que un mail ou un facebook son prácticos, pero... unha carta é un regalo en si mesmo.
Tes moita razón, Miguel.
ResponderEliminarAs cartas deben vivir entre nós.
Canta razón,Miguel.Aínda me lembro cando era máis pequena,a ilusión con que recibía as cartas das miñas amigas ou familia.Era coma un premio,tanto é así,que a miña nai,gardábamas e ó chegar a casa,a hora da comida,dicíame a min e ao meu irmán: "se comedes todo,habedes ter unha sorpresa...".E abofé que o era,unha sorpresa,un premio,unha ledicia,un agasallo que perdurará no tempo,porque aínda as conservo todas,gardadas nunha caixiña.Non perdades esta costume tan bonita e especial...a escribir!!!Noraboa polo blog!!!
ResponderEliminarEsto e chulisimo sois uns grans artistas
ResponderEliminar