MIGUEL ANXO PRADO

O artista galego Miguelanxo Prado 
conseguiu este sábado o premio á mellor obra de autor español no 
XXXI Salón Internacional do Cómic de Barcelona 
polo álbum Ardalén


Despois de tres anos de intenso traballo Miguelanxo Prado lanzou o seu último álbum, Ardalén, unha historia de búsqueda do perdido, dos cariños que nunca se foron e que permanecen na memoria.
Esta obra é a última creación dun autor que triunfou no mundo enteiro coas súas historas intimistas e persoais. Ardalén é segundo as propias palabras de Miguelanzo Prado:

"Unha historia en torno á memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun puñado de seres humanos que se axudan e se fan dano uns a outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio".

Miguelanxo Prado naceu na Coruña en 1958 e dende os anos 80 é un dos debuxantes e guionistas máis coñecidos do cómic estatal tanto dentro coma fóra do país. O seu traballo para a TVG como creador do personaxe principal do Xabarín Club e da súa posterior serie introduciuno no mundo da animación. En 1997 desenvolveu os personaxes da serie de debuxos animados Men in Black producida por Steven Spielberg. O seu álbum Trazo de xiz(clic) conseguiu un grande éxito en Francia onde aínda é venerado como un das mellores obras dos anos 90. O seu prestixio como autor internacional foi clave para o éxito de Viñetas dende ou Atlántico o festival que dirixe na Coruña dende 1998 e ao que acudiron como convidados algúns dos autores de cómic máis importantes das últimas décadas.

3 comentarios:

  1. Miriam18/4/13

    Este é, dende logo, un dos mellores libros que lin. Merece a pena dedicarlle tempo, non só pola lectura, senón tamén polas increíbles imaxes que nos ofrece. Aquí demostrase ben que unha, ou varias imaxes, valen máis que mil palabras. Moitas gracias Victoria pola túa recomendación! E, por suposto, anímovos a leelo, merece a pena.

    ResponderEliminar
  2. Alégrome moito de que che gustara, Miriam. As viñetas de Miguelanxo acaban saíndo do cómic e apoderándose de todo, a que sí?
    Eu tamén vos animos a lelo, merece a pena.

    ResponderEliminar
  3. Alejandro Iglesias25/4/13

    Eu tamen o lin e encantoume, e a miña rapaza tamén

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!