Re: Marcela desde Scotland.

Con esta postal e estas palabras nos agasallou unha exalumna a semana pasada,
 para empezar o curso:


"Antes de nada, son Marcela da promoción de 2ºBAC 2011-2012. Estou de Erasmus como tantos outros compañeiros estiveron ou están.
Hoxe tiven a miña primeira clase de Pratice of Teaching, e recurrindo ás pirámides de necesidades de Marlow, o profesor tratou que descubríramos cal é a finalidade de ensinar. Moitos caemos na resposta fácil: cubrir a necesidade de saber, saciar a nosa curiosidade. Pero olvidámonos de que esa é a razón de aprender. A ensinanza atópase no cumio da pirámide, a súa finalidade é transcendental, é unha forma de manter vivo o que xa non existe, de viaxar sin moverse do sitio, deixando un pouquiño de nós nos demáis. Por eso escribo esta postal, para que no IES Pedregal saiban cuan lonxe chegaron e non só cuan lonxe nos fixeron chegar."



Un agasallo con dúas caras,
por un lado unha fermosa foto e o feito de recibila por correo postal nos fixo moitísima ilusión,
polo outro lado estas xenerosas palabras nos emocionaron e nos encheron de orgullo.

Grazas Marcela por levarnos tan lonxe, tan alto.

4 comentarios:

  1. We Love Marcela30/9/13

    Uau... ..trascendental..

    ResponderEliminar
  2. Vitoria1/10/13

    Non sei se sabes, ou sospeitas, Marcela, que moitas veces os profesores non vemos moi claro o resultado do noso traballo, como por exemplo o poden ver os carpinteiros, e sentimos un pouco ese baleiro.
    A túa carta acaba de enchelo.

    ResponderEliminar
  3. Óscar2/10/13

    Grazas por enviarnos tanta beleza, mírese por onde se mire. E por deixar que o compartiramos na rede con tanta xente á que, de seguro, vai emocionar tanto coma a nós.

    ResponderEliminar
  4. thalia18/10/13

    Grazas Marcela pr esta cousa tan bonita

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!