FACER CIENCIA É TODO UN ARTE

O pasado luns 11 de novembro, un grupo de alumnos de 1º e 2º de bacharelato 
tiveron a sorte de poder acudir á interesante exposición 
“Arte e Ciencia” 
e participar nos obradoiros organizados para a ocasión.


Alí puidemos disfrutar dunha visita guiada que nos sumerxiu nos universos imaxinarios
de Escher e nos permitiu descubrir os seus interesantes patróns matemáticos e simétricos
e o seu gusto por enfrentar os mundos lóxicos e limitados con outros infinitos e imposibles.

Tamén vimos como detrás de cada capricho da natureza,
en cada cuncha de molusco, cada corola dunha flor, no crecemento das ramas dunha árbore
ou na mesma distribución dos cumes dunha cordilleira agóchanse ecuacións de xeometría fractal.

Despoís de todas estas explicacións,
o alumnado demostrou as súas notables habilidades á hora de resolver xogos de lóxica,
 crear figuras xeométricas a partir de outras
ou fabricar coas suas propias mans caleidociclos cun diseño gráfico moi familiar….
















1 comentario:

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!