BANCOSLIBRO EN ISTAMBUL

A cidade de Istanbul 
está a provocar a lectura entre os seus cidadáns con axuda destes 
BANCOSLIBRO.
Cada banco está baseado nunha obra dun autor clásico turco (18 en total), 
e aberto pola pasaxe máis destacada da obra representada.  
Xunto a intención de motivar a lectura e a escritura, 
estes encantadores bancos tamén promoven a creatividade.

Os bancos están distribuídos por toda a cidade, algúns deles con vistas fantásticas.  







Adoro a un poeta turco: Nazim Hikmet,
seguramente un dos poetas máis influentes do século XX. A súa poesía comprometida acabou traspasando as reixas da prisión na que os seus carcereiros o encerraron durante anos. Os seus poemas lense hoxe en todo o mundo, mentres que dos seus carcereiros só queda o horror que inspiran os seus actos.

O meu banco preferido sería este:




Aberto pola páxina 58:





No poema que acaba con esta estrofa:

Olvídame, mi amor de ojos de almendra
El niño que podríamos tener
Más que un huevo podrido estaría podrido
Es como un negro féretro este barco
Un mar de negra muerte es este mar

¡Oh, los hombres! ¿Dónde estáis?

3 comentarios:

  1. Marey18/3/14

    Eu tamén adoro a Nazım Hikmet! A súa poesía é moi recurrente hoxe en día tamén nas protestas; os xóvenes collen versos seus e modifícanos ou utilízanos en forma orixinal para corear nas manifestacións. E os bancos, pois foi unha iniciativa xenial, as vistas non teñen perda exacto! -algunha si... Collerei prestado o libro cando volva! Graciñas pola alegría que levei :)

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti, Cris! É unha marabilla comprobar que os libros nos unen por moi lonxe que estemos.
    Nazim Hikmet espérate na Biblio para contarche unha canción!

    ResponderEliminar
  3. Que idea tan boa. Unha homenaxe aos escritores, pero tamén unha oportunidade para dar a coñecer as súas obras, e enriba fronte a paisaxes que probablemente serviron no seu día para inspiralas... Entón, Marey, vémoste no banco de Nazim Hikmet?

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!