O Día do Libro
(tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do Libro)
é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril.
A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995
coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes.
Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega, fillo do conquistador Sebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo, irmá de Huayna Capaz, último emperador indio.
O día 23 de abril coincide así mesmo cos aniversarios do nacemento de Vladimir Nabokov, Maurice Druon, Manuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness, e co aniversario do falecemento de Josep Pla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!