DÍA DA BIBLIOTECA (24 de outubro)



Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

Pola súa parte, o Ministerio de Cultura e Deporte propón este ano 2019 a incorporación do lema "APTAS PARA TODOS OS PÚBLICOS", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.


As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso 2018/2019, “BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA”,  que conta cunha imaxe propia creada por Óscar Villán.



Cómpre sementar, crear un hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas.

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.

Precisamente esta semana e aproveitando a efeméride démoslles a benvida aos novos usuarios da nosa biblioteca: o alumnado de 1º A e 1º B. Entregámoslles os carnés da biblio, explicámoslles o seu funcionamento e fixeron uns xogos para aprendera a localizar volumes!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!