CLUB DE LECTURA: "NEW EARTH PROJECT"


Continuamos co club de lectura! Neste segundo trimestre o libro escollido polo alumnado participante foi a novela "New earth project" de David Moitet.




En 2125, a supervivencia na Terra está en perigo polo quecemento global e a subida do nivel do mar. E só hai unha esperanza: New Earth Project, o viaxe cara un novo planeta habitable.

Isis e Orion, unha habitante dos suburbios e un "intocable" da clase dirixente, compañeiros nunha escola de élite, cruzan os seus destinos cando Isis e a súa familia son escollidos para a siguiente expedición ao novo planeta, un destino cheo de misterio. Unha investigación frenética e arriscada comeza entón para ambos mozos, na que tratan de acadar unha verdade demasiado perigosa.

Unha trepidante aventura, gañadora de 20 premios literarios, que te manterá en vilo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!