O luns, 19 de abril de 2021, fíxose a entrega de premios do I Certame de fotografía do IES Pedregal de Irimia, na biblioteca do centro. Acompañados pola Vicepresidenta da Deputación de Lugo, o Concelleiro de Cultura de Meira, os representantes do CEIP Avelino Díaz (director e titor de 6º de EP) e os membros do xurado, entregamos os catro premios (un por cada categoría) e tres accésit ás mellores obras.
Dende o IES Pedregal de Irimia queremos agradecer a todos/as os/as participantes (concurriron 124 obras entre as catro categorías!!!) e a todas as entidades colaboradoras.
A continuación deixamos constancia da acta do xurado, xunto coas fotos gañadoras e as da entrega de premios.
ACTA
DA REUNIÓN DO XURADO DO I CERTAME FOTOGRÁFICO DO IES PEDREGAL DE IRIMIA
Sendo as 16:00 h do día 18 de marzo de 2021, na
localidade de Meira, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios do I
Certame fotográfico do IES, convocado polo centro homónimo e coa colaboración
do Concello de Meira, da Área de Cultura da Deputación de Lugo e do CEIP
Avelino Díaz de Meira, do que forman parte:
Presidente: o vicedirector do IES Pedregal de Irimia, D. Óscar Trigo Abraira.
Vocal 1: o xefe do departamento de EPV do IES Pedregal de Irimia, D. Carlos Matos Conde.
Vocal 2: unha profesora do CEIP Avelino Díaz, Dna. Nuria Álvarez Varela.
Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o responsábel da Biblioteca do IES Pedregal de Irimia D. Mario Outeiro Iglesias.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados no I Certame fotográfico do IES Pedregal de Irimia como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL
GAÑADORA: Aya
Lafou, pola obra “Coidemos a natureza”.
ACCÉSIT: Lorena
Alonso Campo, pola obra “Tronco”.
CATEGORÍA: XUVENIL 1
GAÑADORA: Ura
Vázquez García, pola obra “Lagos”.
ACCÉSIT: Paula
López González “Reflexos”.
ACCÉSIT: Daniela
Rozadillas Vidal, pola obra “Vixiante”.
CATEGORÍA: XUVENIL 2
GAÑADOR: Diego
Sangiao Vidal, pola obra “A fonte da vida”.
CATEGORÍA: ADULTOS
GAÑADORA: María
Elena Anllo Díaz, pola obra “Dende a montaña”.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 18:00 h do día 18 de marzo de 2021.
CATEGORÍA: INFANTIL
GAÑADORA: Aya Lafou, pola obra “Coidemos a natureza”.
ACCÉSIT: Lorena Alonso Campo, pola obra “Tronco”.
CATEGORÍA: XUVENIL 1
GAÑADORA: Ura Vázquez García, pola obra “Lagos”.
ACCÉSIT: Paula López González “Reflexos”.
ACCÉSIT: Daniela Rozadillas Vidal, pola obra “Vixiante”.
CATEGORÍA: XUVENIL 2
GAÑADOR: Diego Sangiao Vidal, pola obra “A fonte da vida”.
CATEGORÍA: ADULTOS
GAÑADORA: María Elena Anllo Díaz, pola obra “Dende a montaña”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!