II CERTAME DE MICRORRELATOS DO IES PEDREGAL DE IRIMIA

Esta semana, na que conmemoramos o día do libro, queremos presentarvos unha nova edición dun proxecto literario que encetamos o ano pasado. Queremos que vos animedes vós, alumnado do IES Pedregal de Irimia, tamén vós futuros compañeiros que agora estudades 5º e 6º de Primaria no CEIP Avelino Díaz de Meira e tamén os nosos ex (ex-alumnos/as, ex-traballadores/as) do IES Pedregal de Irimia. Pero tamén é xusto que a comunidade que protexe e cuida do noso alumnado nestes tempos de crise epidemiolóxica poida participar, polo que abrímolo á avoa, ao pai, á madriña, aos amigos...


Trátase de microrrelato e hai que facelo en galego (a data límite será o 17 de maio, día das letras galegas, para que ninguén se esqueza). Este curso a temática será totalmente libre para non coartar a vosa creatividade. Para máis detalles (extensión, envío, premios, xurado...) consultade as seguintes bases.

ANIMÁDEVOS!!!!

II CERTAME LITERARIO DO IES PEDREGAL DE IRIMIA

  

1.  Temática: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores: TEMÁTICA LIBRE.

2.  Idioma: A obra redactarase en LINGUA GALEGA.

3.  Categorías:

v CATEGORÍA INFANTIL (5º e 6º de E. Primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira).

v CATEGORÍA XUVENIL 1 (1º, 2º e 3º da ESO do IES Pedregal de Irimia).

v CATEGORÍA XUVENIL 2 (4º da ESO, 1º e 2º de BAC do IES Pedregal de Irimia).

v CATEGORÍA ADULTOS (ex-alumn@s, ex-traballadores/as do centro e familiares, veciñ@s, amig@s do actual alumnado).

4.  Modalidade: microrrelato (como máximo unha páxina escrito).

5.  Presentación: cada participante poderá presentar un só traballo (non premiado noutro certame literario). Entregaranse ao correo electrónico: bibliotecapedregaldeirimia@gmail.com (mecanografados, non escaneados). No corpo do correo ten que indicarse a categoría na que se participa, o título do traballo, o nome e apelidos e un teléfono de contacto. A maiores, se o participante é alumno/a ten que indicar o curso no que está matriculado, se é ex-alumn@ ou ex-traballador/a ten que indicar o grao de relación que tivo co centro (alumno/a, profesor/a, limpador/a...) e o ano no que abandonou o IES Pedregal de Irimia e de tratarse dalgún coñecido do alumnado actual, o nome do alumno/a e o grao de relación (nai, avó, madriña, amigo...) con el/a. Neste correo achegarase a obra en formato “word” ou “writer” e nela non aparecerá o nome do participante (só título e texto). O responsábel da biblioteca actuará como secretario do certame (sen voto) facilitándolles aos membros do xurado as obras e custodiando a identidade dos participantes ata a resolución dos/as gañadores/as.

6.  Prazo: o prazo de entrega rematará o día 17 de maio de 2021, día das Letras Galegas.

7.  Premios: en cada categoría establécese un único premio, podendo outorgar algún accésit se o xurado o considerara necesario.

Cada premio consistirá nun agasallo conmemorativo, un lote de libros e o correspondente diploma acreditativo. Os traballos premiados serán publicados na páxina web do IES Pedregal de Meira e no blog BiblioMeira.

8.  Xurado: estará composto por:

v A directora do IES Pedregal de Irimia (ou persoa en quen delegue).

v O responsábel do Equipo de Dinamización Lingüística.

v A xefa do departamento de Lingua Galega e Literatura.

v Un profesor/a do do CEIP Avelino Díaz.

v O responsábel da biblioteca, que exercerá de secretario do xurado, con voz pero sen voto.

9.  Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase no mes de xuño, nunha data a determinar.

10. Outros: A presentación de traballos ao certame supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. O IES Pedregal de Irimia reserva para si os dereitos de publicación das obras premiadas. Se o autor/a publica o microrrelato noutro medio terá que indicar que foi premiado no presente certame.

 

ORGANIZA: IES PEDREGAL DE IRIMIA




COLABORAN: CONCELLO DE MEIRA, ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO E CEIP AVELINO DÍAZ DE MEIRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!