II CERTAME DE FOTOGRAFÍA

 

II CERTAME FOTOGRÁFICO DO IES PEDREGAL DE IRIMIA

#ObxectivoAvelino

 

 

1.  Temática: A temática deste certame está relacionada cos lugares que inspiraron a obra poética de Avelino Díaz ou relacionados coa súa biografía.

2.  Categorías:

v CATEGORÍA INFANTIL (5º e 6º de E. Primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira e do CEIP Rosalía de Castro de Pol).

v CATEGORÍA XUVENIL 1 (1º, 2º e 3º da ESO do IES Pedregal de Irimia).

v CATEGORÍA XUVENIL 2 (4º da ESO, 1º e 2º de BAC do IES Pedregal de Irimia).

v CATEGORÍA ADULTOS (ex-alumn@s, ex-traballadores/as do centro e familiares, veciñ@s, amig@s do actual alumnado).

3.  Obras: Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras, sendo estas orixinais e inéditas e non presentándose con anterioridade noutros concursos, webs ou calquera outro medio dixital ou impreso.

Os participantes responsabilízanse totalmente de ser os únicos autores, de que non existan dereitos a terceiros, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe sobre as obras presentadas ao concurso. As fotografías non poderán ser alteradas electronicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Permitiranse mínimas correccións de cor e luminosidade.

4.  Características técnicas: As obras poderán ter un formato e tamaño libre (feitas con cámara de fotos, tableta, teléfono móbil...). Ademais deberán achegarse en soporte informático en formato JPEG ou TIFF, a unha resolución de 300 ppp e en RGB. O nome do arquivo será o mesmo que o título da obra. NON SE ADMITIRÁN FOTOGRAFÍAS SEN TÍTULO.

5.  Presentación: Entregaranse ao correo electrónico: bibliotecapedregaldeirimia@gmail.com. No asunto do correo poñerase: “II Certame de fotografía do IES Pedregal de Irimia” e no corpo ten que indicarse a categoría na que se participa, o título do traballo, o nome e apelidos e un teléfono de contacto. A maiores, se o participante é alumno/a ten que indicar o curso no que está matriculado, se é ex-alumn@ ou ex-traballador/a ten que indicar o grao de relación que tivo co centro (alumno/a, profesor/a, limpador/a...) e o ano no que abandonou o IES Pedregal de Irimia e de tratarse dalgún coñecido do alumnado actual o nome do alumno/a e o grao de relación (nai, avó, madriña, amigo...) con el/a. Neste correo achegarase a obra (ou obras) no formato comentado anteriormente. O responsábel da biblioteca actuará como secretario do certame (sen voto) facilitándolles aos membros do xurado as obras e custodiando a identidade dos participantes ata a resolución dos/as gañadores/as.

6.  Prazo: o prazo de entrega rematará o día 29 de marzo de 2022 (dada do 51 cabodano da morte de Avelino Díaz).

7.  Premios: en cada categoría establécese un único premio, podendo outorgar algún accésit se o xurado o considerara necesario.

Cada premio consistirá nun agasallo conmemorativo, un lote de libros e o correspondente diploma acreditativo. Os traballos premiados serán publicados na revista Latexos nº 29.

8.  Xurado: estará composto por:

v O director do IES Pedregal de Irimia (ou persoa en quen delegue).

v A xefa do departamento de EPV do IES Pedregal de Irimia.

v O responsábel do EDL do IES Pedregal de Irimia.

v A responsábel da biblioteca, que exercerá de secretario do xurado, con voz pero sen voto.

9.  Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase, previsibelmente, o venres, 8 de abril de 2022 (antes das vacacións de Semana Santa).

10. Outros: A presentación de traballos ao certame supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. Coas mellores obras presentadas farase unha exposición que será exposta no centro e na contorna. O IES Pedregal de Irimia resérvase os dereitos de publicación das obras premiadas. Se o autor/a publica as fotografías noutro medio terá que indicar que foron premiadas no presente certame.

 

ORGANIZA: IES PEDREGAL DE IRIMIA





 

COLABORAN: CONCELLO DE MEIRA, ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO, CEIP AVELINO DÍAZ, CEIP ROSALÍA DE CASTRO E A.C. AVELINO DÍAZ


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!