UN CLÁSICO DO OUTONO: A EXPOSICIÓN DE COGUMELOS.

 VI Exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia

O martes, día 7, e o mércores, día 8, de novembro permanecerá aberta a VI Exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia. A exposición realizada na biblioteca do centro contou este ano con máis de cento sesenta exemplares de corenta especies distintas de cogomelos recollidos na contorna e perfectamente identificados con cadansúa ficha.

De novo a exposición foi froito da colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus e as achegas de cogomelos de profesorado e alumnado do centro.

A exposición contou como información complementaria con:

Unha colección de utensilios básicos dun/ha micólogo/a.

Libros, revistas e lexislación micolóxica.

Presentación cos conceptos básicos de micoloxía e as fichas ilustradas dos cogomelos máis comúns da contorna.

Como no curso anterior, a exposición abriuse ao público xeral durante as mañás do martes e mércores, asistindo numerosas familias así como os residentes do Centro de Atención de Maiores de Meira.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!