O presidente da Asociación de Amigos da Malla de Meira, Manolo Pardo, e dous membros máis da mesma, Manolo Ferreiro e José Folgueira, Perán, viñeron conversar co alumnado de 3.º e 4.º de ESO para darlles a coñecer o seu labor de divulgación dos traballos tradicionais que leva consigo o proceso de elaboración do pan, dende a sementeira do cereal ata a malla propiamente dita.
O encontro celebrouse na bilioteca do centro, que se encheu de malles, aixadas, forquitas e outros apeiros utilizados tradicionalmente para levar a cabo estas tarefas, e que eles trouxeron para ilustrar as súas explicacións.
Agradecemos enormemente a súa visita, que nos achegou a realidade do mundo rural meirego, descoñecido por unha parte importante de nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!