IV Exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia

O martes, día 9, e o mércores, día 10, de novembro celebrouse a IV exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia. A exposición realizada na biblioteca do centro contou este ano con máis de 170 exemplares de 50 especies distintas de cogomelos recollidos na contorna e perfectamente identificados con cadansúa ficha.

De novo a exposición foi froito da colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus e as achegas de cogomelos de profesorado e alumnado (20) do centro.

A exposición contou como información complementaria con:

  • Unha colección de utensilios básicos dun/ha micólogo/a.
  • Libros, revistas e lexislación micolóxica.
  • Presentación cos conceptos básicos de micoloxía e as fichas ilustradas dos cogomelos máis comúns da contorna.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!