O martes, día 9, e o mércores, día 10, de novembro celebrouse a IV exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia. A exposición realizada na biblioteca do centro contou este ano con máis de 170 exemplares de 50 especies distintas de cogomelos recollidos na contorna e perfectamente identificados con cadansúa ficha.
De novo a exposición foi froito da colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus
e as achegas de cogomelos de profesorado e alumnado (20) do centro.
A exposición contou como información complementaria con:
- Unha colección de utensilios básicos dun/ha micólogo/a.
- Libros, revistas e lexislación micolóxica.
- Presentación cos conceptos
básicos de micoloxía e as fichas ilustradas dos cogomelos máis comúns da
contorna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!