Mostrando entradas con la etiqueta Estudantes e Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Estudantes e Libros. Mostrar todas las entradas

4 NOURA E LUCÍA

Booktuber de Noura e Lucía, 
dúas alumnas de 3.º da ESO 
que nos contan o argumento do libro O único que queda é o amor 
de Agustín Fernández Paz. 

Marabillosa lectura que levamos a cabo durante o terceiro trimestre da materia de LGL.

 

5 ALBA E XIÁN

Alba e Xián no seu booktuber fálannos do libro O único que queda é o amor. 
Lectura que realizaron no derradeiro trimestre deste curso na materia de LGL de 3.º da ESO. 

Escoitade e xulgade se merece a pena ler este maravilloso libro de amor.

 

2 SANTIAGO E BRAIS

Santiago e Brais fannos un resumo moi axeitado do libro O único que queda é o amor
É alumnado de 3.º da ESO e este foi o libro que lemos na materia de LGL.

 

3 RAQUEL, JIMENA E DANIELA


Con este booktuber 
rematamos coas impresionantes CREACCIÓNS do alumnado de 2.º da ESO. 

As tres alumnas deste booktuber 
fálannos do libro Prohibido casar, papá de Fina Casalderrey.  
Realizamos esta lectura no terceiro trimestre e, 
como podedes ver, 
o resultado foi moi, moi satisfactorio.

1 MARÍA E MARIAM



Comezamos coas marabillosas CREACCIÓNS do alumnado de 3.º da ESO. 
O libro que lemos neste trimestre na materia de LGL foi O único que queda é o amor 
de Agustín Fernández Paz.

As alumnas María e Mariam déixannos moi bo sabor de boca con este booktuber.

2 MARÍA, JULIÁN E AGUSTÍN


Seguimos gozando dos marabillosos  booktubers de 2.º da ESO. 
Neste caso do traballo de María, Julián e Agustín 
que nos falan do libro 
Prohibido casar, papá
lectura que realizamos neste trimestre na materia de Lingua Galega e Literatura.

1 LEIRE E JULIA


Ler, imaxinar, interpretar, emanciparse, construír, 
CREAR….
xulgade vós mesmos/-mas  o traballo de Leire e Xulia, 
dúas alumnas de 2.º da ESO que CREARON este booktuber 
sobre o libro Prohibido casar, papá, de Fina Casalderrey, 
lectura deste trimestre da materia de LGL.


Estudantes e libros: Elena (4º ESO)



"LA HISTORIA INTERMINABLE", de Michael Ende

" Aquí solo vendemos unos pequeños objetos rectangulares que se llaman libros, requieren un poco de esfuerzo por tu parte y no hacen bip, bip, bip.....como las maquinitas"

Te atreves?

Estudantes e Libros: Noel

WATCHMEN  farache contemplar o verdadeiro rostro do século XX. 
Como exemplo, o chiste que conta Rorschach recordando ó seu amigo El Comediante:

UN HOMBRE VA AL MÉDICO. LE CUENTA QUE ESTÁ DEPRIMIDO. LE DICE QUE LA VIDA LE PARECE DURA Y CRUEL. DICE QUE SE SIENTE MUY SOLO EN ESTE MUNDO LLENO DE AMENAZAS DONDE LO QUE NOS ESPERA ES VAGO E INCIERTO. 
EL DOCTOR LE RESPONDE:
-"EL TRATAMIENTO ES SENCILLO. EL GRAN PAYASO PAGLIACCI SE ENCUENTRA ESTA NOCHE EN LA CIUDAD. VAYA A VERLO, ESO LE AYUDARÁ" 
EL HOMBRE SE ECHA A LLORAR. Y DICE: 
-"PERO, DOCTOR... YO SOY PAGLIACCI".

WATCHMEN  de Alan Moore (guión) e Dave Gibbons(debuxo)
WATCHMEN  dirixida por Zack Snyder
  

Estudantes e Libros: Duarte e Jose



Un cómic BLACKSAD de Díaz Canales (guión) e Juanjo Guarnido (debuxo e cor),
 que ten como protagonista  un detective-gato antropomórfico.
E un manga TEKKON KINKREET de Taiyo Matsumoto
que ten como protagonistas  dous nenos que viven e se comportan como gatos.
Cantas vidas conta un gato?

Estudantes e libros: Catara e Gondar

    5 razóns polas que deberías ler "MAUS" de Art Spiegelman

1. Porque é o ÚNICO cómic que gañou o Premio Pulitzer.
2. Porque nunca creerías que un libro protagonizado por ratos podería contar unha 
     historia tan HUMANA.  
3. Porque é unha das mellores maneiras de COÑECER a persecución dos xudíos durante 
     o Holocausto.
4. Porque a pesar de narrar un dos episodios máis tráxicos da Historia está tinguida,
     en ocasións, de HUMOR.
5. Porque si, porque é simplemente INFALTABLE.

Estudantes e libros: 1ºESO



Parece que Greg  fixo moitos amigos en 1º ESO, olla o que nos conta Uxía:

"Diario de Greg trata sobre un niño de 12 años que tiene bastantes problemas en el instituto. El libro es su diario y en él escribe todos los días lo que le pasa, aunque al principio no le gusta la idea del diario, luego no se separa de él."

E ti, queres coñecelo tamén?
"DIARIO DE GREG" de Jeff Kinney

Estudantes e Libros: Tania (2º BAC)

Ás veces as cousas non son o que parecen e outras parecen o que son,
 pero... cal é a diferenza?
"TRAZO DE TIZA" de Miguelanxo Prado

NOTA: Tanto a imaxe como o texto, son obra de TANIA VILLAMARÍN

Estudantes e Libros: Lucas (1º ESO)

Lucas, moi ben acompañado,
sinálanos o camiño a seguir ata poder dar coa pedra filosofal.
Despois de lelo, está claro que el xa a atopou... E vós?



"HARRY POTTER Y LA PIEDRA FILOSOFAL", de J.K. Rowling

Estudantes e Libros: Marcela (1º BAC)

Non só len os profes...
1º BAC inaugura, a través de Marcela, as vosas recomendacións literarias.
Unha novela con mensaxe, que nos amosa o revirado que ás veces facemos o camiño da vida.
"EL ALQUIMISTA", de Paulo Coelho



Quen protagonizará a próxima recomendación...?