Para conmemorar a Semana da Prensa, a biblioteca amosounos unha exposición que recolle os vinte e sete Latexos do IES Pedregal de Irimia, vinte e sete anos da publicación escolar na que queda plasmada a actividade xornalística da comunidade educativa.
Pero houbo máis. A maiores da prensa actual, a biblioteca tamén nos ofreceu unha exposición coas portadas dos acontecementos máis importantes do século XX, por xentileza da nosa compañeira Elisa.