Mostrando entradas con la etiqueta Profes e libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Profes e libros. Mostrar todas las entradas

ESTHER e os libros

Recomendo esta novela porque me sorprendeu gratamente a maneira que ten a autora 
de tratar o tema das apariencias (mellor dito o "engaño das apariencias"), 
que tanta importancia se lles da nesta sociedade na que vivimos, 
suplantando os valores realmente importantes da vida. 

A súa vez recórdame moitísimo os consellos que miña madriña me daba 
sendo eu unha mociña. 

Desexo que vos guste tanto como a min.


LA ELEGANCIA DEL ERIZO
Muriel Barbery

Profes e Libros: Francisco

A Francisco, a mitoloxía tráeo de cabeza... 


Pero... porque ler as Mitoloxías?
Para viaxar a outras culturas con Odín, Thor, Prometeo, Apolo, Poseidón, Afrodita, Hermes,...
Para aprender a tratar con ananos, mouros, xentes de castros e pazos soterrados, meigas, defuntos e demais habitantes da noite
Para coñecer as propiedades do fiúncho, a menta, a ruda, e a herba de namorar. 
Para descubrir o modo de converter alquitrán en ouro.
Para guiarse polos bosques, ríos e lagoas, evitando trasnos, lobishomes e chupasangues.
Para entender o sentido da noite de San Xoán.
Para coñecer, para saber, para medrar.

Profes e Libros: Pilar

            A intrépida Pilar, volve!
Desta vez para recomendarnos un libro de relatos curtos:
"MADE IN GALIZA", de Sechu Sende   
          

Profes e Libros: Vitoria

PABLO NERUDA fai as preguntas e ISIDRO FERRER  danos antipistas para atopar as respostas.
Sempre somos os profes os que sabemos todas as respostas, non? Pois neste caso as teredes que buscar noutro sitio, en calquer sitio, debaixo das pedras!
O que máis pedras levante e máis respostas imposibles encontre terá como premio unha viaxe á Isla Negra en caravana de camelos!
"Libro de las preguntas", de Pablo Neruda

Profes e Libros: Marisa

Unha novela fermosa, que permite comprender toda unha época, a da Ilustración,
e a poderosa influencia que as ideas ilustradas tiveron en América
Grazas a elas, desátase a independencia das colonias españolas durante o século XIX.
Unha obra moi recomendada para os de bacharelato.
 "EL SIGLO DE LAS LUCES",  de Alejo Carpentier




Profes e Libros: Miguel

Nos faros sempre vai moooooito vento, pero aquí está a miña recomendación para todos vós.
Unha lectura visual, breve, sinxela e que deixará pegada na vosa memoria.
"EL FARO", de Paco Roca

Profes e Libros: Óscar

Queres quedarte coa peña, facendo sen fallo trucos incribles de "adiviñación" e "telepatía"?
Queres divertirte resolvendo pasatempos, crebacabezas e superando retos insólitos?

"El secreto de los números" amosa isto e moito máis, acerca de como os números están presentes na nosa vida cotiá, con curiosidades moi sorprendentes. O libro é adecuado tanto para persoas ás que se lle dean ben as matemáticas como para outras cun nivel máis básico. O único requisito é ter ganas de divertirse e escoller os xogos ou enigmas axeitados á situación de cadaquén. A gozalo!

"EL SECRETO DE LOS NÚMEROS: 
JUEGOS, ENIGMAS Y CURIOSIDADES MATEMÁTICAS UNIVERSALES"
André Jouette
(Ediciones Robinbook, 2000)

Profes e Libros: Isabel


Christopher é un rapaz de 15 anos, e ten algo que o fai diferente: síndrome de Asperger
Isto faino capaz de cousas tan incribles como recitar de memoria os números primos ata o 7.507; 
pero tamén incapacítao para relacionarse con outras persoas, ou adaptarse a situacións novas.
O cal non lle vai impedir converterse nun auténtico Sherlock Holmes 
e poñerse a investigar a morte do can da súa veciña
Con Christopher, comprenderemos mellor aos diferentes, porque realmente...
 Quen non é diferente?

"Si yo difiero de ti, lejos de perjudicarte, te engrandezco"
El Principito, Antoine de Saint-Exupery

Profes e Libros: Sofía

Un libro extenso, cinematográfico, cun ritmo trepidante e cheo de información científica
biolóxica, xeolóxica, química, ecolóxica, física,... 
Agardo que afiancedes coñecementos coa súa lectura e que vos faga reflexionar sobre numerosos temas de actualidade: a supremacía humana, a explotación dos recursos naturais, a perda de biodiversidade, os descubrimentos científicos, a explosión demográfica,...

"EL QUINTO DÍA", de Frank Schätzing

Profes e Libros: Elvira

Que aínda non fixeche o camiño de Santiago?!
Pois atentos á recomendación de Elvira:
“Esta viaxe é dura, marabillosa. É un desafío e unha invitación. Déixate acabado e baleiro. 
E refaite. Quítache toda a forza e devólvecha triplicada.”

Un humorista e presentador da televisión xermana cóntache de forma divertida, cómplice e algo irreverente, o seu propio camiño, que fixo no verán de 2001 e o levou a cambiar completamente a súa visión da vida. Anota todo o que lle pasa pola cabeza, tenta axudar aos demais, e coñece xente do máis variada: dende bruxos de tribos peruanas que logo resultan non selo, ata amizades para toda a vida. No camiño, experimenta a soidade, o silencio, e unha sorprendente proximidade a Deus.

Profes e Libros: Pilar

Por fin!!! Arranca en BiblioMeira a sección Profes e Libros. E para estreala recorremos a...
Pilar!!! (non ía fuxir tan facilmente...), que vos recomenda esta lectura:
"UNHA ESTRELA NO VENTO", de Ledicia Costas.

Os teus Profes, e os seus Libros

Fotografías de Mladen Penev: The power of books, en mladenpenev.net
Hai lecturas que atrapan e sorpréndente para sempre...
Gustaríache saber que libros sorprenderon a cada un dos teus profes?
Pois atentos, porque os profes responden!
A partir do xoves 28 de abrilaquí, en BiblioMeira.