Mostrando entradas con la etiqueta Latexos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Latexos. Mostrar todas las entradas

NINGUÉN SEN A LATEXOS!

Un ano máis sae ao público unha nova edición da LATEXOS, nada máis e nada menos que a edición número 24. Acércase a pasos axigantados as súas vodas de prata, e ten pinta de non querer deterse e continuar coa súa andaina durante moito tempo.
Como é costume, os alumnos do IES PEDREGAL DE IRIMIA, sacan a relucir as súas cabezas pensantes, e amósannos as súas creacións, e crédeme que merece a pena lelas.
Desde a dirección da revista queremos agradecer a vosa colaboración, porque incluso sen darvos conta estades mantendo un lume de moita tradición. Ou mellor dito, estades mantendo un corazón!
Tomade asento, acomodádevos...porque estades a piques de gozar dunha peza que paga a pena, poderedes ver latexar este corazón desde dentro, BOM BOOOOOM BOM BOOOM, xa se comeza a sentir,.....
DIRECTOR:
Manuel Fernández Rego

DESEÑO GRÁFICO E PORTADA:
Uxía Teijeiro Soto

XEFE DE MAQUETACIÓN:
José Riveiro Edrosa

MAQUETADORES:
Daniel Ferreiros Fernández
Samuel García Pumares
Pablo Portela Rivas

XEFA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA:
María Xosé Novo Novo

COLABORACIÓN ESPECIAL:
Antón Barrio Sánchez

4 FIBELA e 20 LATEXOS




Hai 20 anos que LATEXOS, (24 se contamos os 4 exemplares de FIBELA), invadiu os corredores do Instituto sen miramentos, con descaro, para quedarse.Os seus exemplares substituíron a apuntes e libros de texto nas mans de todos e os seus contidos foron comentados con máis entusiasmo que todos os temas académicos.
Cada ano o día que se pon á venda seguimos precipitándonos sobre ela para descubrir o sorprendente contido das súas páxinas cheas de historias, literatura, deseño e humor, seducidos por esta revista de titulo tan suxestivo. E tan oportuno.

Poderá o voso corazón soportalo?:

FIBELA1. FIBELA2. FIBELA3. FIBELA4. LATEXOS1. LATEXOS2. LATEXOS3. LATEXOS4. LATEXOS5. LATEXOS6. LATEXOS7. LATEXOS8. LATEXOS9. LATEXOS10. LATEXOS11. LATEXOS12. LATEXOS13. LATEXOS14. LATEXOS15. LATEXOS16. LATEXOS17. LATEXOS18. LATEXOS19. LATEXOS20.

Expandide a boa nova