Mostrando entradas con la etiqueta Actualidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actualidade. Mostrar todas las entradas

O PLANETA AMARELO

Que pasaría se os habitantes doutro planeta 
viñeran á Terra para estudar o comportamento das xentes que a habitamos?

Quizáis algunhas das cousas que chaman a súa atención 
tamén nos fagan pensar a nós...

HOY POR HOY LUGO

O alumnado de 1º de ESO de Investigación e Tratamento da Información (ITI) 
visitou as instalacións de Radio Lugo e participou en directo no programa HOY POR HOY (a partir do minuto 11).






LATEXOS,26

Como cada ano a LATEXOS 26 volta aos nosos corredores. 
26 anos dende o seu comenzo, 26 anos de anécdotas, traballo, esforzo 
e dedicación para que 26 números conseguisen ver a luz.

Desexamos 
que este número sexa especial 
e vos compraza tanto como a nos sacala a tempo jajaja! 
Este ano a revista ven con premio, non o esquezades!

A LATEXOS é parte do corazón deste centro, 
da tradición  das raíces... 
polo que, oxalá non se extinga nunca, 
oxalá sigades remando para que estas verbas se fagan realidade, 
oxalá tomemos conciencia do que significa esta revista.

Desexamos de todo corazón a chegada da latexos 27




UN CONSELLO, NON PERDADES AS VOSAS RAÍCES "DE ALDEA"

Como ben afirmou Antón Fraguas:
 "- Ser galeguista non é máis que ser amante da nosa terra".

Pois iso mesmo é o que pretendemos dende o Pedregal co noso alumnado, 
que sexan amantes da nosa terra e da nosa cultura. 
Que, como dixo Antón Fraguas, nunca perdan as súas raíces "de aldea".
Que non muden nin polas situacións profesionais e que así, 
manteñan viva a identidade da que tanto nos falou Castelao.

Con ese fin levamos a cabo unha actividade ao redor da figura de Antón Fraguas, 
homenaxeado deste ano no día das nosas letras.

Grazas ao alumnado polo seu interese e bo facer!!!!







ESTE ANO CELÉBRASE EN MEIRA

A Olimpíada Tecnolóxica é un evento educativo e cultural que tivo a primeira edición no Cebreiro no ano 2007.
Dende aquela data celebrouse de xeito ininterrompido (agás no ano 2017), sendo este ano a decimo segunda edición da actividade.
Este ano celebrarase en Meira e participarán 110 alumnos/as do CPI de Cervantes, IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa), IES Leiras Pulpeiro (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira).
Contamos tamén con 25 profesores e profesoras dos anteditos centros para corrixir probas e vixiar ao alumnado. No evento participa o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO que compiten en grupos heteroxéneos en canto ao centro de procedencia, xénero e capacidades, facendo probas virtuais nos meses previos (a través da web: tecnogalicia.blogspot.com) e probas presenciais o 7 de maio en Meira, relacionadas coa materia de Tecnoloxía.
Despois das probas o alumnado e profesorado participante disfrutará dunha comida para confraternizar e distintas actividades de lecer (visita guiada ao Pedregal de Irimia, teatro, ruta de sendeirismo arredor do río Miño e entrega de premios).
O obxectivo, a maiores de traballar os contidos da área de Tecnoloxía dun xeito atractivo para o alumnado, é o de fomentar a lingua e a cultura galegas, xa que todo o evento (probas, indicacións, visitas...) está no idioma galego e trabállase o patrimonio cultural (igrexa de Meira) e natural (río Miño) da zona onde se realiza. A I Olimpíada Tecnolóxica recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa da Consellaría de Educación.


PROGRAMA
11:00-11:40 Recepción de participantes. Entrega de material
11:40-12:00 1ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
12:00-12:20 2ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
12:20-12:50 Descanso - pequena merenda (Cabanón da feira)
12:50-13:10 3ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
13:10-13:30 4ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
13:30-13:50 5ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
13:50-14:10 6ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
14:10-15:00 Xantar (Cabanón da feira)
15:00-16:00 Ruta de sendeirismo (Igrexa de Meira-Lagoa de Fonmiñá, 3,5 km)
16:00-16:30 Visita ao Pedregal de Irimia (nacemento do río Miño) e regreso á Casa da cultura (autobús)
16:30-17:15 Teatro escolar (Casa da cultura) a cargo da Aula de Teatro do IES Pedregal de Irimia 17:15-17:45 Entrega de premios (Casa da cultura)
17:45-18:00 Despedida

BAIXO O MESMO SOL

Con esta mostra, o fotógrafo de la Comba invítanos a gozar da beleza da natureza que nos rodea, paxaros moi comúns e outros moi raros, carnívoros salvaxes como o lobo e o raposo, insectos tan preciosos como xoias, anfibios...

Pero o título fainos reflexionar sobre a nosa posición ante a natureza, que poucas veces é de respecto. Como se realmente fóramos máis importantes que o resto, como se non vivíramos baixo o mesmo sol, como se non respirásemos o mesmo aire, como se todo nos pertenecera e estivera ao noso servizo.






...BEN SE ACOBEXA

Interesante charla, 
dirixida a todo o alumnado, 
sobre Divulgación Forestal e Prevención de Incendios, 
promovida pola Consellería de Medio Rural - Distrito Forestal X - Terra Chá.
E
celebración do 
DÍA DA ÁRBORE
coa plantación de cerdeiras, castiñeiros e nogeiras...

















SEMANA DA PRENSA no PEDREGAL


Quen nos enseña a ler a PRENSA?
Sabemos distinguir unha OPINIÓN, dunha DECLARACIÓN, dunha INFORMACIÓN?
Que significa POSVERDAD e FAKE NEWS?

ENTROIDO 2019

UN DÍA XENIAL!

1. Actuación do MAGO TETO na Casa da Cultura.
Que fixo un repaso da historia da maxia.
Que naceu cando o home empezou a soñar.


2. TORNEO DE BADMINTON no ximnasio.







3. CONCURSO DE DISFRAZES no ximnasio e entrega de premios:
 

Autora das fotos BERTA 

DÍA DA MULLER , POR SUPOSTO!!!

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.
Esta data foi institucionalizada pola ONU en 1975
co fin de reivindicar a loita das mulleres 
pola IGUALDADE de oportunidades.

 No noso centro e noutras partes do mundo
constitúe unha data de mobilización de gran relevo social.