Mostrando entradas con la etiqueta Clases. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Clases. Mostrar todas las entradas

MARCHAMOOS!!!!

Yoani tróuxonos moita información para levar e presumir da nosa terra en Toronto.


O vindeiro 3 de agosto, Antía e Patricia, comezarán unha viaxe a terras americanas, a CANADÁ:
"Todo comezou por unha compañeira nosa que foi o ano pasado e dixo que o pasara moi ben e que era unha experiencia inesquecible, e tamén do profe de inglés, Roberto, que nos animou moito para que o solicitáramos.
Cando comezamos os trámites non contábamos que nos colleran, xa que hai moita xente de Galicia que solicita esta beca. Pasados uns meses, chegounos un correo de que estábamos elixidas pero aínda non sabíamos para que cidade íamos nin se nos tocaba xuntas.
Pero fai tres semanas máis ou menos, chegounos outro correo no cal nos decían a cidade á que íamos ir, e por sorte tocounos as dúas Toronto. A partir da chegada dese correo comezamos coa axuda de Roberto a cubrir todos os papeis e documentación que precisábamos, xa que son necesarios moitos trámites. E tamén lle demos a tabarra a Roberto, cando non sabíamos cubrir algún papel, jajaja.
A día de hoxe, non sabemos aínda que familia nos toca nin que monitores nos acompañan, soamente sabemos que o 3 de agosto as 7:25 da mañá, colleremos en Oporto o avión para cruzar o charco.
ESPERAMOS QUE SEXA UNHA VIAXE INESQUECIBLE."

5 ALBA E XIÁN

Alba e Xián no seu booktuber fálannos do libro O único que queda é o amor. 
Lectura que realizaron no derradeiro trimestre deste curso na materia de LGL de 3.º da ESO. 

Escoitade e xulgade se merece a pena ler este maravilloso libro de amor.

 

3 CRIS, SALMA E MANUEL


CREACCIÓN do alumnado de 3.º da ESO: 
Cris, Salma e Manuel 
que no seu booktuber nos falan do libro de Agustín Fernández Paz, 
O único que queda é o amor

Esta lectura realizámola no terceiro trimestre na materia de LGL.

2 SANTIAGO E BRAIS

Santiago e Brais fannos un resumo moi axeitado do libro O único que queda é o amor
É alumnado de 3.º da ESO e este foi o libro que lemos na materia de LGL.

 

3 RAQUEL, JIMENA E DANIELA


Con este booktuber 
rematamos coas impresionantes CREACCIÓNS do alumnado de 2.º da ESO. 

As tres alumnas deste booktuber 
fálannos do libro Prohibido casar, papá de Fina Casalderrey.  
Realizamos esta lectura no terceiro trimestre e, 
como podedes ver, 
o resultado foi moi, moi satisfactorio.

HOY POR HOY LUGO

O alumnado de 1º de ESO de Investigación e Tratamento da Información (ITI) 
visitou as instalacións de Radio Lugo e participou en directo no programa HOY POR HOY (a partir do minuto 11).






1 MARÍA E MARIAM



Comezamos coas marabillosas CREACCIÓNS do alumnado de 3.º da ESO. 
O libro que lemos neste trimestre na materia de LGL foi O único que queda é o amor 
de Agustín Fernández Paz.

As alumnas María e Mariam déixannos moi bo sabor de boca con este booktuber.

2 MARÍA, JULIÁN E AGUSTÍN


Seguimos gozando dos marabillosos  booktubers de 2.º da ESO. 
Neste caso do traballo de María, Julián e Agustín 
que nos falan do libro 
Prohibido casar, papá
lectura que realizamos neste trimestre na materia de Lingua Galega e Literatura.

1 LEIRE E JULIA


Ler, imaxinar, interpretar, emanciparse, construír, 
CREAR….
xulgade vós mesmos/-mas  o traballo de Leire e Xulia, 
dúas alumnas de 2.º da ESO que CREARON este booktuber 
sobre o libro Prohibido casar, papá, de Fina Casalderrey, 
lectura deste trimestre da materia de LGL.


PROHIBIDO CASAR PAPÁ!

Aquí vos deixamos o marabilloso mural 
que fixo o alumnado de 2º da ESO 
sobre o libro de lectura desta avaliación na materia de LGL. 

Parabéns 
polo voso traballo, interese, dedicación e entusiasmo!
É un pracer traballar convosco. 
Seguimos fomentando a creatividade no noso alumnado.


UN CONSELLO, NON PERDADES AS VOSAS RAÍCES "DE ALDEA"

Como ben afirmou Antón Fraguas:
 "- Ser galeguista non é máis que ser amante da nosa terra".

Pois iso mesmo é o que pretendemos dende o Pedregal co noso alumnado, 
que sexan amantes da nosa terra e da nosa cultura. 
Que, como dixo Antón Fraguas, nunca perdan as súas raíces "de aldea".
Que non muden nin polas situacións profesionais e que así, 
manteñan viva a identidade da que tanto nos falou Castelao.

Con ese fin levamos a cabo unha actividade ao redor da figura de Antón Fraguas, 
homenaxeado deste ano no día das nosas letras.

Grazas ao alumnado polo seu interese e bo facer!!!!







ESTE ANO CELÉBRASE EN MEIRA

A Olimpíada Tecnolóxica é un evento educativo e cultural que tivo a primeira edición no Cebreiro no ano 2007.
Dende aquela data celebrouse de xeito ininterrompido (agás no ano 2017), sendo este ano a decimo segunda edición da actividade.
Este ano celebrarase en Meira e participarán 110 alumnos/as do CPI de Cervantes, IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa), IES Leiras Pulpeiro (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira).
Contamos tamén con 25 profesores e profesoras dos anteditos centros para corrixir probas e vixiar ao alumnado. No evento participa o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO que compiten en grupos heteroxéneos en canto ao centro de procedencia, xénero e capacidades, facendo probas virtuais nos meses previos (a través da web: tecnogalicia.blogspot.com) e probas presenciais o 7 de maio en Meira, relacionadas coa materia de Tecnoloxía.
Despois das probas o alumnado e profesorado participante disfrutará dunha comida para confraternizar e distintas actividades de lecer (visita guiada ao Pedregal de Irimia, teatro, ruta de sendeirismo arredor do río Miño e entrega de premios).
O obxectivo, a maiores de traballar os contidos da área de Tecnoloxía dun xeito atractivo para o alumnado, é o de fomentar a lingua e a cultura galegas, xa que todo o evento (probas, indicacións, visitas...) está no idioma galego e trabállase o patrimonio cultural (igrexa de Meira) e natural (río Miño) da zona onde se realiza. A I Olimpíada Tecnolóxica recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa da Consellaría de Educación.


PROGRAMA
11:00-11:40 Recepción de participantes. Entrega de material
11:40-12:00 1ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
12:00-12:20 2ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
12:20-12:50 Descanso - pequena merenda (Cabanón da feira)
12:50-13:10 3ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
13:10-13:30 4ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
13:30-13:50 5ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
13:50-14:10 6ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
14:10-15:00 Xantar (Cabanón da feira)
15:00-16:00 Ruta de sendeirismo (Igrexa de Meira-Lagoa de Fonmiñá, 3,5 km)
16:00-16:30 Visita ao Pedregal de Irimia (nacemento do río Miño) e regreso á Casa da cultura (autobús)
16:30-17:15 Teatro escolar (Casa da cultura) a cargo da Aula de Teatro do IES Pedregal de Irimia 17:15-17:45 Entrega de premios (Casa da cultura)
17:45-18:00 Despedida

Arthur Schopenhauer

fixo unha lista das etapas intermedias desde
o belo ata o máis sublime: 

-Sentimento do belo – A luz reflectida nunha flor (pracer pola percepción dun obxecto que non pode danar ao observador).
Sentimento moi débil do sublime – A luz reflectida nunhas rocas (pracer pola observación de obxectos que non supoñen unha ameaza, pero carentes de vida).
Sentimento débil do sublime – Un deserto infinito sen movemento (pracer pola visión de obxectos que non poden albergar ningún tipo de vida).
Sentimento do sublime – Natureza turbulenta (pracer pola percepción de obxectos que ameazan con danar ou destruír ao observador).
Sentimento completo do sublime – Natureza turbulenta e abafadora (pracer pola observación de obxectos moi violentos e destrutivos).
Sentimento máis completo do sublime – A inmensidade da extensión ou duración do universo (pracer polo coñecemento do observador da súa propia insignificancia e da súa unidade coa natureza).

 
ADRIÁN, camiñante sobre o mar de néboa

ALBA, camiñante sobre o mar de néboa



Camiñante sobre o mar de néboa é unha coñecida pintura do pintor romántico alemán Caspar David Friedrich, con data de 1818. Trátase dun óleo sobre téa que mide 74,8 centímetros de ancho por 94,8 centímetros de alto. Actualmente consérvase no Kunsthalle de Hamburg

2º BAC at work

Grade 12 students working hard in the library!
O alumnado de 2º de BAC traballando duro na biblioteca.


A AVENTURA DE COÑECELOS


Recoller cogomelos 
é compartir segredos co monte, coa fraga, cos prados...

Cala, observa a terra, busca e goza. 

E se prudente. 
Consulta á mínima dúbida.

Véste?





                            


























XI OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

O día 29 de maio celebrouse no Campus Terra da USC a XI Olimpíada Tecnolóxica, organizada pola A.E. Tecnogalicia, e que nesta edición levou por título: Imaxina, investiga, descubre, ENXEÑA.

Na olimpíada competiron 6 grupos de 2º da ESO, 6 de 3º da ESO e 4 de 4º da ESO
(rebaixouse de 6 a 4 porque dous centros participantes, o IES Pedregal de Irimia e o IES Gregorio Fernández, foron elixidos para facer a “reválida” de 4º da ESO e polo tanto non puideron participar).




En cada grupo participaron entre cinco e sete alumnos/as de todos os centros participantes (IES Pedregal de Irimia de Meira, IES Leiras Pulpeiro de Lugo, IES Gregorio Fernández de Sarria, CPI de Castroverde, CPI de Cervantes, CPI Poeta Uxío Novoneira do Courel e CPI San Tomé do Carballo de Taboada) tratando de que os grupos foran equilibrados en xénero e capacidades.

De IES Pedregal de Irimia participaron 6 alumnos/as de 2º e 10 de 3º da ESO.

 Entre os obxectivos do evento están profundar no currículo da área de tecnoloxía dun xeito lúdico e práctico, abrir outro ámbito de socialización ao alumnado participante distinto do da súa contorna xeográfica (urbano-rural, montaña-chaira…), facer fincapé sobre a importancia do traballo en equipo, interactuar co patrimonio material e natural da localización da olimpíada e demostrarlle ao mundo que en galego tamén se poden traballar os aspectos científicos e técnicos do currículo.



Na olimpíada traballáronse os contidos dos currículos LOMCE dos cursos correspondentes (robótica, hardware, software, electrónica, pneumática, mecanismos…), tanto na fase virtual, que constou de catro semanas e dúas probas, como na presencial, na que realizaron 6 probas (na Biblioteca Intercentros e en distintos emprazamentos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría).



A maiores o alumnado realizou despois de xantar tres obradoiros na EPSE (no taller de mecanización, en PEMADE e no taller de hidráulica -canle simuladora de ondas-) e unha ruta de sendeirismo pola ribeira do río Miño que rematou na ponte romana.



 O alumnado participante recibiu unha camiseta de agasallo (serviu de identificación xa que cada curso tiña unha cor diferente), un diploma, así como gozou dun aperitivo a media mañá e dun xantar totalmente gratuítos.

Os gañadores recibiron tamén un agasallo (memoria USB, un diploma e un lapis).

 Os grupos gañadores foron:
• 2º da ESO: Engrenaxe (de Meira: Lucía Cortón).
• 3º da ESO: Freeware (de Meira: Jesús Fernández e Lucía Portela).
•4º da ESO: Transistor.