Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

FINALISTAS!!!


NORABOA a todos, a próxima cita en Madrid!
Os alumnos de 1ºBAC de TIC 
descubriron a aventura de crear un periódico
participando no concurso EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTES.
E parece que non se lles deu nada mal:
Finalistas da fase Autonómica!




E NORABOA 
ao profe encargado do proxecto: Manuel López Ferreiro

En Madrid, recollendo o Premio El País de los Estudiantes


Aquí temos ao equipo de periodistas do Instituto,
representando a Galicia no certamen periodístico El País de los Estudiantes (Clic)!



E aquí temos a Sancho, vestido cas súas mellores galas, que chegou onte dende Rueda, Valladolid. 
E que se está convertindo no noso mellor corresponsal na penínula.

PUM-PUM

DÍA DA POESÍA, e os gañadores son:

Michael e Miguel

Poética de Ángel González

Pero houbo outros moi bos intentos:


de Laura, de Miriam, de Antía, Gondar e Catara, 
de David, Carla, Lucas e Andrés, de Elvira....

Gañadores do CONCURSO LITERARIO



É unha honra 
revelar os nomes dos talentosos escritores que gañaron o  
Concurso Literario CARTAS E DEDICATORIAS DE AMOR:
Óscar Fernández García
Daniel Freire Comuñas

NORABOA

CONCURSO LITERARIO: Cartas e dedicatorias de amor.



TAMÉN VALEN PIROPOS!
A EXTENSIÓN é dun folio para as Cartas de amor e de unha a cinco liñas para as Dedicatorias de amor, O TEMA, está claro: 
 Pasión, Celos, Nostálxia, Libido, Desengano, Concupiscencia.... 
A LINGUA, a do corazón, Galego, Castelán, Inglés ou Francés. 
 E o PRAZO remata o 8 de Febreiro na Biblioteca

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

NORA BOA, CATARA!

10/01/2013 - María Roca / El Progreso (Vilalba) 
Catara Rego (Foto Teófilo López)

Os institutos Basanta Silva de Vilalba e Pedregal de Irimia de Meira están de parabén despois de que tres dos seus alumnos -dous vilalbeses e unha meirega- atópense entre os 20 mellores estudantes de Galicia, que recibiron recentemente o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico do curso 2011-2012, concedido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Miguel González Montes e David Novo Goiriz, de Vilalba, e Catara Rego Abraira, de Meira, xa destacaban nos seus centros educativos polas súas notas, xa que para concorrer ao exame desta bolsa había que contar cunha media mínima de nove neste ciclo.
                                                          
                                                                             Le toda a noticia AQUÍ

Sandra gañadora do CONCURSO WANTED LOGOTIPO



O xurado do concurso seleccionou como 
logotipo gañador o presentado por 
Sandra Fernández.

 No logotipo gañador 
valorouse a utilización dunha tipografía 
moderna e persoal, de fácil lectura, que aporta serenidade
 envolvida nun vermello activo e dinámico,
que lle pon corazón.

XENIAL!
NORA BOA, SANDRA

CONCURSO: BÚSCASE LOGOTIPO PARA O INSTITUTO


Un LOGO é unha promesa,o noso instituto terá que ofrecer
 o que o seu LOGO promete. Está nas vosas mans.

Estas son as BASES


CONCURSO LITERARIO: Cartas e dedicatorias de amor


Texto basado nun poema de Fernando Pessoa

ANÍMATE A PARTICIPAR!
A EXTENSIÓN é dun folio para as Cartas de amor e de unha a cinco liñas para as Dedicatorias de amor, O TEMA, está claro:
 Pasión, Celos, Nostálxia, Libido, Desengano, Concupiscencia....
A LINGUA, a do corazón, Galego, Castelán, Inglés ou Francés.
 E o PRAZO remata o 8 de Febreiro na Biblioteca

Entrega do premio LA QUÍMICA MEJORA TU VIDA

A Facultade de Química da Universidade Complutense de Madrid nos acolleu
 para facernos  entrega do premio  LA QUíMICA MEJORA TU VIDA, que lle concedeu a
  Tania Villamarín do IES Pedregal de Irimia.
O Xurado destacou o valor da obra premiada (clic AQUI)
 que consegue conxugar perfectamente unha gran idea con un moi bo deseño!

MIL PARABÉNS MÁIS, TANIA

Concurso fotográfico ÁRBOLES, PATRIMONIO VIVO

1.TEMA
Árboles que posean un valor especial:
-árboles singulares por sus características biológicas( grosor, altura rareza...)
-árboles que tengan un valor relacionado con hechos históricos tradiciones, ritos...

2. PARTICIPACIÓN
Dos categorías:
1. Público en general (mayores de 18 años)
2. Público juvenil (12-17 años)

3. PLAZO Y PREMIOS
El plazo de presentación concluirá el 21 de diciembre
Para cada categoría se establecen tres premios que van desde un Apple iPad 2 Wi-Fi 32GB a un  Apple iPod nano 16GB.

Toda la información por ejemplo, AQUÍ

Becas para viaxar e estudar no estranxeiro


Estás en 4º da ESO ou 1º de Bacharelato e queres estudar o bacharelato internacional (2 cursos) en países coma Canadá, Estados Unidos, Singapur, China, India, Swazilandia, Noruega, Reino Unido ou Italia,  cunha beca valorada en 45.000€? Entra aquí para máis información ou contacta con Vicedirección.
(Prazo de inscrición ata o 2/2/2012)

***
Becas Europa organiza unha viaxe de 20 días polas universidades máis prestixiosas de Europa e os seus países, dirixida a alumnado que estea cursando 2º de Bacharelato. Máis información en Vicedirección ou aquí.
(Prazo de inscrición ata o 11/12/2011)

Concurso de relatos CIENCIA QUE CONTA

Pero, a ciencia conta?

TEMÁTICA
Trátase de relatar poñendo en valor a ciencia no desenvolvemento económico e no benestar da sociedade galega.

A QUEN VAI DIRIXIDO?
Hai unha categoría xeral para toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos.

PRAZO E PREMIOS
O prazo remata o 10 de novembro e o 1º premio é un ordenador ultraportatil.

TODA A INFORMACIÓN AQUÍ

Veña, que tes moito conto, ponte a escribir xa!!
  ÁNIMO, ARTISTAS, E SORTE!

Concurso fotográfico FOTO POESÍA MÓBIL


                                      AQUÍ
            con toda a información necesaria.

    Pero resumindo trátase de facer unha fotografía
        co móbil en formato JPG de alta calidade,
             tomando como tema algún destes
         poemas de CELSO EMILIO FERREIRO:
                        "Os meus amigos"
                        "O meu val"
                        "O extranxeiro"
                        "Ourense na lembranza"
                        "Son un pasmón"
                        "Doce outono"
           Os poemas os podedes atopar nos libros
Onde o mundo se chama Celanova, Longa noite de  Pedra e Viaxe ao País dos Ananos, ou AQUÍ

                  Ánimo, ARTISTAS, e sorte!
                   

Certame de contos e relatos curtos TRAPERO PARDO



O Concello de Lugo convoca este concurso para todos os alumnos e alumnas de 12 a 18 anos.
Os contos deberán ser traballos inéditos, escritos en lingua galega,
 o tema é libre e non se poderá superar as dez páxinas.
O prazo de presentación remata o día 20 de novembro e os premios chegan aos 250 euros!!

Toda a información AQUÍ.

Premio!

Non deixa de sorprendernos...
TANIA VILLAMARÍN, de 2º de BACHARELATO,
acaba de gañar o 1º PREMIO no CONCURSO NACIONAL "La Química mejora tu vida",
que anunciaramos en BiblioMeira aló por xaneiro (clic AQUÍ).

E aínda que xa coñecemos moi ben a valía artística de Tania (un exemplo AQUÍ),
vendo a súa obra gañadora enténdese moi ben o por que do galardón:


O premio entregaráselle a finais deste mes en Valencia: 1.000 xugosos euriños
e a publicación do cartel na Revista da Real Sociedade Española de Química.

MIL PARABÉNS, TANIA.

Alumnos 10!




A piques estivo Elba Ledo (2º BAC) de gañar 
nada menos que unha viaxe a Grecia!
no Concurso Nacional 
"Explorando la Lengua y Cultura de la Antigua Grecia"
do que informabamos aquí.

O seu foi o sexto mellor exame de España,
cunha cualificación de 9 sobre 10.

Non sabemos se irás a Grecia pronto, Elba,
pero para nós xa estás no Olimpo dos grandes alumnos!
(e Mar no dos profes)
Parabéns!

V Certame de poesía "Xela Arias"

dialnet.unirioja.es
Lonxe de aquí, onde o Miño afoga no mar, 
levan cinco anos facendo un certame de poesía 
entre alumnos de instituto. 
No 2011, non podes faltar á cita!
REQUISITOS:
*Ter a idade sinalada nunha destas modalidades:
  A) de 12 a 15 anos
  B) de 16 a 20 anos
*4 poemas en galego, inéditos e de tema e forma libres.
*Baixo pseudónimo, e cos datos en sobre pechado.
*Envialo todo por correo, á organización do certame
*A admisión péchase o día 27 de maio de 2011
PREMIOS:
A) 1º premio: 150 euros
     2º premio: 100 euros
B) 1º premio: 200 euros
     2º premio: 150 euros
     3º premio: 100 euros

Máis info, na túa biblio.

Certame literario Cambre 2011

REQUISITOS:
*Ter entre 12 e 26 anos
  a) Categoría A: de 12 a 14 anos
  b) Categoría B: de 15 a 18 anos
  c) Categoría C: de 19 a 26 anos
*Presentarse a unha destas dúas modalidades:
  a) Poesía: tres poemas de tema e forma libres
  b) Narración breve: cinco folios de tema libre
*Deben ser orixinais, inéditos, e estar escritos en galego
*Letra 12, interliñado simple, a unha soa cara e paxinados
*A entrega farase co sistema de plica (pregunta na biblio!)
*Prazo: venres 29 de abril de 2011
PREMIOS:
1º premio: 230, 290 e 400 €, segundo a categoría.
2º premio: 170, 200 e 230 €, segundo a categoría.

Ánimo, e sorte!

Máis información en: