V Certame de poesía "Xela Arias"

dialnet.unirioja.es
Lonxe de aquí, onde o Miño afoga no mar, 
levan cinco anos facendo un certame de poesía 
entre alumnos de instituto. 
No 2011, non podes faltar á cita!
REQUISITOS:
*Ter a idade sinalada nunha destas modalidades:
  A) de 12 a 15 anos
  B) de 16 a 20 anos
*4 poemas en galego, inéditos e de tema e forma libres.
*Baixo pseudónimo, e cos datos en sobre pechado.
*Envialo todo por correo, á organización do certame
*A admisión péchase o día 27 de maio de 2011
PREMIOS:
A) 1º premio: 150 euros
     2º premio: 100 euros
B) 1º premio: 200 euros
     2º premio: 150 euros
     3º premio: 100 euros

Máis info, na túa biblio.

1 comentario:

  1. Miguel Abraira17/4/11

    Sabedes?
    Xela Arias naceu en Lugo en 1962, e morreu no 2003, inesperadamente (tan só con 41 anos), en Vigo, onde fora vivir sendo aínda cativa. Ademáis de poetisa, foi tradutora, editora e profesora en varios institutos.

    No seu libro de poemas "Daría a diario", que escribiu como un froito máis da súa maternidade, hai versos sinxelos pero fermosos, coma estes:

    "Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
    Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
    Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
    Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
    Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
    Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único."

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!