Artistas máxicos!

Un curso máis, gozamos como ananos coa obra de teatro.
Por iso, a todos os que o venres recibistes os entregados aplausos do público: 
NORA BOA! E sobre todo... GRAZAS! 
Polo voso interese, o compromiso, o traballo, e as enormes ganas que puxestes.
Ganas que, sen dúbida, veredes no espello destas fotos
Espero que vos gusten!


  

6 comentarios:

  1. Pilar López10/4/11

    Eu tamén me sumo aos parabéns de Miguel.
    De todo corazón, felicidades e mil grazas por facerme pasar dúas horas inesquecibles.
    Moito ánimo, rapazas e rapaces, para que este tipo de actividades non decaia!!
    Beixiños a moreas
    Pilar

    ResponderEliminar
  2. Teresa13/4/11

    Eu facía de Pantalone e gústanme moito as fotos que fixo Miguel. Bueno, tamén, como é o meu profesor, tíñame que sacar favorecida.

    ResponderEliminar
  3. E eu tamén me sumo á noraboa! Gustoume moito e deume moita pena estar nas butacas e non enriba do escenario, bótase de menos...

    Por certo, I love Tiburcio :)

    ResponderEliminar
  4. Candela, grazas polo teu comentario! Se segue habendo teatro é porque antes outros (alumnos e profes) apostaron forte por el, como fixeche ti. Tamén vós, os que pasastes por esas táboas, podedes sentirvos orgullosos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Marga Portomeñe4/5/11

    Como directora da obra síntome moi orgullosa dos meus alumnos que fixeron unha representación digna de profesionáis. Como persoa síntome aínda máis orgullosa do compañerismo e as ganas de traballar de todos eles. Graciñas. E gracias tamén a os profes que nos axudaron.
    Por certo , unhas fermosas fotos, Miguel.

    ResponderEliminar
  6. Miguel5/5/11

    Moitas grazas polo cumprido, Marga. Fixestes un traballo fermoso, e de aí que as fotos luzan tan ben.
    No meu caso, ademais de orgullo, sinto unha admiración moi grande por alumnas miñas que actuaron como profesionais ese día, despois de enfrontarse a exames moi importantes esa mesma mañá e durante toda a semana. Unha lección de paixón e de compromiso, das que non se esquecen.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!