Será por concursos...!!

OS LOGROS DA QUÍMICA, MELLORAN A NOSA VIDA
Es quen de plasmalo nun cartel?

REQUISITOS:
* Ser alumno de Bacharelato
* Participar baixo a coordinación dalgún profesor do Seminario de Química
* Deseñalo para que poidan imprimilo en formato vertical de 80cm de ancho por 120cm de alto.
* Envialo en pdf antes do 30 de abril
PREMIOS:
1.000 euros, e publicación do cartel na revista Anales de Química 2011

3 comentarios:

  1. Paréceme moi ben e moi interesante que informedes dos consursos para o alumnado, pero por favor, poñédeos todos!! Como alumna de linguas clásicas síntome discriminada. Os concursos de grego existen e de feito as alumnas de 2º vámonos presentar a un. =)

    ResponderEliminar
  2. Ola Elba. Grazas polo teu comentario. Tomamos nota. De entrada tentamos poñelos todos, pero ás veces as convocatorias e concursos chegan ao instituto por vías dispares e non sempre as damos coñecido en BiblioMeira.
    Non obstante, agradeceriamosche que nos dixeses que concurso é. Con moito gusto o publicaremos neste blog nunha entrada propia.

    ResponderEliminar
  3. Pois aquí vos deixo o enlace da páxina do concurso: http://seecmadrid.org/?p=2194
    Gracias!!=)

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!