Érase unha árbore... e unha videoconsola??!!!

http://www.correos.es/comun/informacionCorporativa/triptico.pdf
Imaxina que es unha árbore 
e escribe unha carta a alguén para explicarlle o importante que é coidar dos bosques

REQUISITOS:
*Ter nacido entre 1997 e 1999
*O teu texto debe ter forma de carta: con enderezo, encabezamento e sinatura.
*Extensión máxima: de 500 a 800 palabras.
*Entregala na biblio antes do 23 de febreiro

PREMIOS:
1º: consola Xbox360 + material didáctico
2º: consola Xbox + material didáctico
3º: consola Xbox + material didáctico
Accésit: consola PSP + material didáctico


Ánimo rapaces!!
Quen sementa, recolle!

5 comentarios:

  1. Carla26/1/11

    Ola!
    Eu teño unha preguntiña:
    Hai que escribir o texto en primeira persoa como se foses tu a árbore ou hai que explicar como coidar os bosques?
    Grazas e adeus.
    CARLA

    ResponderEliminar
  2. Aenara e Cristina27/1/11

    A verdade é que nos gusta moito este concurso! Parécenos moi ben a idea de escribir unha carta para protexer os bosques.
    Oxalá siga habendo concursos coma este!

    ResponderEliminar
  3. Rodrigo27/1/11

    Se a extensión é dunhas catro páxinas paréceme demasiado largo para alumnos de 1º e 2º ESO coma nós. Eu creo que chegaría con dúas ou tres follas. Pero aínda así creo que é unha idea xenial e que imos participar moitos alumnos.
    Rodrigo

    ResponderEliminar
  4. David27/1/11

    Eu anímome a facer o texto da árbore porque paréceme que vai estar moi ben.
    Veña, animádevos!!

    ResponderEliminar
  5. Miguel Abraira27/1/11

    Ola a todos, que ben os comentarios!
    Carla, ti debes escribir en primeira persoa, coma se foses unha árbore. Sendo unha árbore, saberás mellor cá ninguén a importancia dun bosque, así que poderás explicalo mellor!
    Roi, as cincocentas palabras deben vir a ser unhas dúas cariñas de folio, máis ou menos.
    Ánimo a todos!

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!