Profes e Libros: Elvira

Que aínda non fixeche o camiño de Santiago?!
Pois atentos á recomendación de Elvira:
“Esta viaxe é dura, marabillosa. É un desafío e unha invitación. Déixate acabado e baleiro. 
E refaite. Quítache toda a forza e devólvecha triplicada.”

Un humorista e presentador da televisión xermana cóntache de forma divertida, cómplice e algo irreverente, o seu propio camiño, que fixo no verán de 2001 e o levou a cambiar completamente a súa visión da vida. Anota todo o que lle pasa pola cabeza, tenta axudar aos demais, e coñece xente do máis variada: dende bruxos de tribos peruanas que logo resultan non selo, ata amizades para toda a vida. No camiño, experimenta a soidade, o silencio, e unha sorprendente proximidade a Deus.

2 comentarios:

  1. Miguel2/5/11

    Que boa pinta ten esta lectura, Elvira!
    Hai catro anos fixen o camiño en bici. Foi unha experiencia inigualable, que vos recomendo. Chegar a Compostela despois de oito días e oitocentos quilómetros pedaleando é indescriptible; pero o día a día no camiño é algo especial que non se esquece. Boa lectura!

    ResponderEliminar
  2. David4/5/11

    Eu creo que pode ser interesante este libro, sobre todo para xente coma min que non fixo o camiño de Santiago.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!