1º BAC, en Portugal

  
Volveron tan alegres e amigos coma sempre;
pero máis viaxados... e cunha lembranza para toda a vida.
E o curso que vén... a onde?

4 comentarios:

  1. Anónimo5/5/11

    As antropólogas do instituto non poderían pasar sen deixar pegada nesta entrada adicada á nosa excursión á capital portuguesa.
    Despois de ver esta pequena representación do que foi a nosa viaxe, a cal nos fai lembrar os bos momentos vividos neses 4 intensos días, énchenos de alegría e emoción poder formar parte dun pequeno recuncho deste blog.
    Queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que fan posible a elaboración deste blog día a día, xa que é un medio que nos serve para establecer unha mellor relación co noso instituto.
    Non nos podemos esquecer de mencionar aos dous mestres que non acompañaron e disfrutaron tanto coma nós desta viaxe. Tamén lles damos as grazas xa que se portaron estupendamente e confiaron en nós. MOITAS GRAZAS ELVIRA E MANUEL!!!
    Queremos rematar o noso comentario respostando a pregunta formulada na entrada. Nós desexamos que para o ano se nos dea a oportunidade e poidamos voltar facer unha viaxe todos xuntos, xa que é unha experiencia inesquecíbel.
    Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Pilar López18/5/11

    Pero que fermosos saen os meus alumnos e alumnas de 1º de bacharelato!!
    Ben, tamén Elvira e Manuel.

    Moitos bicos para todos. Bótovos de menos.
    Pilar

    ResponderEliminar
  3. david18/5/11

    polo que vexo pasarono moi ben, eu tamen fun un dia de visita a portugal e pareceme un lugar fermoso

    ResponderEliminar
  4. Miguel18/5/11

    Portugal ten un montón de cousas que ofrecer, e adoita gustar máis canto máis se coñece. Pero aquí, máis que do destino, o mérito é do grupo, que ao estar unido de verdade atopa suficiente felicidade no simple feito de estar xuntos.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!