Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas

IMOS GALEGUIÑAS!!

PASTO,
ANDREA LÓPEZ CAAVEIRO,
leva unha dobre vida:
estudante de 1ºBAC do Pedregal
e estrela de fútbol.

Foi convocada pola Selección Galega SUB-17 
de Fútbol Sala Feminino 
para participar no Campeonato Nacional, 
disputado en Burela.

NORABOA

LAMBETADAS


Un ano maís participamos con outros colexios e institutos de Galicia 
na elaboración do calendario ESTIÑO
Este ano o tema do calendario é moi apetitoso: LAMBETADAS,
Nós participamos cunha receita propia da nosa terra: 
EMPANADA DE MAZÁS, 
UMMMM!

UN MILLADOIRO DE SENTIMENTOS!

Como non podía ser doutro xeito 
a nosa revista 
LATEXOS 
chega de novo ás vosas mans para recordar as alegrías, 
as dificultades e tantos momentos que vivimos xuntos.

Todo este milladoiro de sentimentos 
que cada día enchen os corredores do insti 
levan latexando nada menos que vinte e tres anos!!








RECORDADE 
que se un día vos sae a vena poeta, investigadora ou mesmo fotográfica, 
e se  poñedes por escrito as vosas creacións, 
poden ser o entramado da seguinte edición desta revista.

NORABOA
AO EQUIPO DIRECTIVO LATEXOS 23:
Borja, Lucas, Larissa, Sandra, Adrián, David, Carla, Artur,
Rodrigo, Natalia, Andrés, Mari e Antón.

Seguide latexando!

NOVIDADES EN BIBLIOMEIRA


2 NOVAS REVISTAS na nosa Biblioteca: 
LUZES e JOT DOWN.




Luzes de Galiza é unha revista cultural galega publicada entre 1985 e 1997 e retomada no ano 2013. Nun principio tiña unha saída trimestral, mais a partir de 1997 converteuse en anual, aínda que cunha periodicidade moi irregular. Na actualidade, ten un carácter mensual. Así se define:
"Necesitamos LUZES, ALTAS LUZES solares combatendo como os arcanxos a súa heliomaquía, rotundas LUZES, fontes de LUZES, corpos feridos de LUZES, ebrios de LUZES, derramando LUZES porque no principio foi a LUZ e sempre estamos no principio, nacendo cada intre."


Jot Down Cultural Magazine ou simplemente Jot Down (en galego Tomar nota), é  una revista cultural dixital fundada en 2011.Conta cunha versión en línea e outra en papel. A partir de 2013 a publicación da versión en papel foi trimestral. Así se define:
" Creemos que es posible analizar con humor las cosas serias, abordar la cultura y el ocio desde otra perspectiva y departir con sus protagonistas de forma diferente. Poder decir lo que pensamos, no lo que nos dicen que pensemos; entretener sin ser superficiales, informar sin caer en una frialdad impersonal y, por supuesto, ¡hablar de sexo!"



Se che interesa o ensaio, 
a fotografía, a filosofía, as artes plásticas, a arquitectura, 
a literatura, a música, o cine e o deseño 
pásate pola BIBLIO!!

NOVIDADES!


Pásate pola BIBLIOTECA e achégate á mesa de NOVIDADES, nesta ocasión esta chea de CIENCIA!:

  • Vacas, Cerdos, Guerras y Brujas
  • Hablaba con las Bestias, los Peces y los Pájaros
  • La doble hélice. Desciframiento del genoma
  • El hombre que confundió a su mujer con un sombrero
  • Universo
  • El destino no está escrito en los genes
  • El gen egoísta. Las bases biológicas de nuestra conducta
  • La especie elegida
  • Paladear con el cerebro
  • Ciencia para Nicolás
  • El jardín de Newton. La ciencia a través de la historia
  • Física en la vida cotidiana
  • Un físico en la calle
  • El sueño de Mendeleiev. De la alquimia a la química


Os teus Profes, e os seus Libros

Fotografías de Mladen Penev: The power of books, en mladenpenev.net
Hai lecturas que atrapan e sorpréndente para sempre...
Gustaríache saber que libros sorprenderon a cada un dos teus profes?
Pois atentos, porque os profes responden!
A partir do xoves 28 de abrilaquí, en BiblioMeira.

Teatro: empeza a función!


Un ano máis, o teatro chega a Meira:
Oito alumnos do instituto representarán, baixo a dirección de Margarita Portomeñe:
O ANEL MÁXICO, do dramaturgo Goldoni.

Venres 8 abril, ás 13.30, para todo o centro, e ás 21.00 para as familias.
Quedamos todos convocados!

Achégate á Semana da Prensa


Sempre se di que hai que ler, pero... 
Para qué?
*Para divertirte
*Para imaxinar e viaxar sen moverte do sitio
*Para aprender a escribir e a expresarte
*Para ser máis crítico, e que non che colen mentiras
*Para alimentar a creatividade
*Para ser mellor do que es
*Para aplicar o que sabes
*Para descubrir outras formas de ser, de estar, de pensar
*Para estar ao día...

Probaches coa prensa? 
Durante esta semana, cada día
deixaremos na Biblio un tipo de prensa diferente
deportiva, económica, xeográfica,... 

Asómate, e descobre a túa!

Renova a túa visión do cómic!

A Biblio estrea unha maleta chea de cómics... 
Temática social, historia, guerra, aventuras, imaxinación,...
Hai todo un mundo en viñetas agardando por ti...
Atréveste con el? Esperamos as vosas opinións!


Mochilas que viaxan con vós...


As mochilas viaxeiras son como un pedazo de chocolate envolto en papel de cores:
ainda que o imaxines, nunca sabes moi ben o que hai dentro...
Atréveste a levala contigo e compartila na casa?
Xa podes apuntarte! (edición limitada)

Presentámosvos a Aula ABALAR

Xa temos Aula ABALAR!
Está en 1º ESO, e estreámola ao grande o pasado xoves!
Aquí vos deixamos dúas imaxes deste momento para a historia.



ABALAR é o proxecto ideado para integrar as TIC nas aulas galegas, dotándoas de:

Pîzarra Dixital + Canón Proxector + Ordenadores Ultraportátiles + Internet

Preparados para Abalármonos?