Mostrando entradas con la etiqueta Parecidos razoables. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Parecidos razoables. Mostrar todas las entradas

Parecidos razoables: Diego Velázquez vs Helmut Newton



La Venus del espejo (1647-51) é un cadro de Velázquez, actualmente encóntrase na National Gallery de Londres, onde se exhibe como The Toilet of Venus ou The Rokeby Venus. 
Bergström Over Paris é unha fotografía de Helmut Newton, 1976, para a revistaVogue.

A obra de Velázquez representa a deusa Venus nunha pose erótica, tumbada sobre unha cama e mirándose nun espello que sostén o deus do amor sensual, o seu fillo Cupido. Trátase dun tema mitolóxico pero Velázquez dalle un trato mundano, non trata a figura como a unha deusa senón, simplemente, como a unha muller.
Newton faille un claro homenaxe: desnudo femenino, espello, o límite oblícuo da cortinaxe vermella coincide coa rúa de París, a vertical de Cupido co marco da ventá...

Pero o interesante neste caso son os cambios que introduce o fotógrafo: zapatos de tacón de agulla e pendentes, fondo aberto sobre o mundo frente a fondo cerrado e intimista... con qué intención?

Parecidos razoables: Arte vs Futbol


Á esquerda o cadro Atalanta e Hipómenes (1618) de Guido Reni no Museo do Prado- hai outro no Museo di Capodimonte en Nápoles.
Á dereita a fotografía Martín e Rubén (2013) de Belén Pedreira.

As características comúns son máis das que poidan parecer a simple vista:
-O gran dinamismo dos corpos resáltase cunha composición baseada nas diagonais. 
- Figuras moi iluminadas sobre fondo neutro. 
-A posición do obxecto de desexo mazá-balón é a mesma nos dous casos. 
-Incluso a cor da vestimenta se corresponde: vermello para o personaxe da dereita e azul(frío) para o da esquerda. 
-E aínda hai máis: Atalanta e Hipomenes (CLIC) acabaron por desígneo do destino convertidos nos leóns que tiran do carro de Cibeles. E o destino dalgúns futbolistas e futboleiros tamén pasa pola estatua da Fonte de Cibeles en Madrid!

 13 de Novembro de 2013
Chaparritas 0-5 Los Chatos

14 de Nobembro de 2013
Sporting Cazerolas 4-0 The Kings 

15 de Novembro de 2013
Miñocos CA 4-3 Equipo20

18 de Novembro de 2013
Sporting Cazerolas 2-2 Aplazado

19 de Novembro de 2013 
Miñocos CA 5-2 Los Chatos

Parecidos razoables: Meisje met de parel vs Antia met parel


Á dereita o cadro Meisje met parel (1665) de Johannes Vermeer, no museo Mauritshuis en La Haya.  Á esquerda a fotografía Antía met parel (2013) de Antía.

Que nos seduce destas caras? o misterio da mirada, a sensualidade da boca, os destellos de luz da perla? Que cada un elixa a súa razón para non apartar os ollos delas!

Parecidos razoables: Magdalena vs Catara


Á dereita o cadro Magdalena penitente (1638) de Georges de la Tour, no Metropolitan Museum of Art de Nueva York. Á esquerda a fotografía Catara como Magdalena (2013) de Catara.

Unha vela crea violentos contrastes nos instrumentos da súa meditación: os libros (no caso de Catara) e a calavera.

Parecidos razoables: Marat vs Gondar


Á esquerda o cadro La Mort de Marat (1793) de Jacques-Louis David. Á dereita a fotografía A Morte por Exames (2013) de Gondar.

O heroe, en silencio, en soidade, sucumbe ao seu tráxico destino mentres traballa.

Parecidos razoables:BOB DYLAN vs RESTO DO MUNDO

"Subterranean Homesick Blues" 
é unha canción composta polo cantante estadounidense Bob Dylan
Foi incluída no álbum Bringing It All Back Home, editado o 22 de marzo de 1965. 
Esta canción foi motivo en 1965 dun dos primeiros 
vídeos musicais da historia da música
no cal Dylan vai mostrando carteis con distintas palabras e frases da canción. 
Durante o episodio, o poeta Allen Ginsberg (parece o profesor Bacterio) fai un cameo.



Ademáis 
é un dos videos máis sampleados e copiados da historia da música, 
e aquí tedes dous exemplos:



Parecidos razoables:WATCHMEN vs A REALIDADE



Á esquerda, viñeta de Watchmen (DC, 1986), de Alan Moore e Dave Gibbons, na que se ve a foto que o Dr Manhattan deixa en Marte.
Á dereita, unha imaxe da fotografía que o astronauta Charles Duke deixou na Lúa no 1972.

De acordo, a Lúa non é Marte, pero... en calquera caso, bo momento para recordar o sorriso marciano.

Parecidos razoables: WATCHMEN vs Eisenstaedt, Da Vinci, Marc Riboud.


Nos cinco minutos 
que duran os créditos iniciais da película Watchmen, de 2009, dirixida por Zack Snyder
únense virtuosismo técnico, claridade conceptual  e moita mitomanía,
ingredientes que os converten nunha obra de culto.
Estes créditos encárgansense de presentarnos aos protagonistas -Os Vixiantes-, 
que nos contarán o seu pasado ligado a momentos históricos de gran trascendencia.

Non perdades tempo, poñédevos a velos, a música é de Bob Dylan:


Polo menos tres Parecidos Razoables moi evidentes:
a fotografía de Alfred Eisenstaedt, o cadro de Leonardo da Vinci e a fotografía de Marc Riboud.  

  • "The Kiss" en pleno Times Square no 1945, é sen dúbida a fotografía máis coñecida de Eisenstaedt, e un icono da época.


  • O cadro "Il cenacolo" ou "L'ultima cena" (1495-1497) de Leonardo da Vinci, considerada por moitos expertos e historiadores da arte unha das mellores obras pictóricas do mundo.

  • En 1967 a manifestante pacifista Jan Rose plantouse cunha flor diante dos soldados que protexían o Pentágono en Whasington. O fotógrafo Marc Riboud  converterteu a escena nun icono histórico do pacifismo.

...e, SEN MÁIS, empeza a película! Pódese facer mellor?

Parecidos razoables:Lucas Cranach vs Pablo Picasso



Á esquerda o cadro David y Betsabé (1526) de Lucas Cranach "El viejo". Á dereita Paráfrasis (1957) de Pablo Picasso.

O malagueño de París dixo: "Yo encuentro sin buscar. Yo hice el arte moderno maquillando expresiones milenarias, me robé el pasado y lo vendí como algo inédito e inusitado, Yo, desde mi amarga ironía ibérica convertí los valores del pasado en los precios del futuro"

 Dedicado aos alumnos de 3º ESO e 2ºBAC de Arte que gozaron en Pontevedra da exposición Picasso, o equilibrio e a vertixe (clic)

Parecidos razoables: Eduard Manet vs Jeff Wall

Parecidos razoables,
así se chama a sección que hoxe inaugura BIBLIOMEIRA.
De que se trata? pois  basicamente de establecer relacións entre distintos textos: 
pintura-cómic, pintura-fotografía, cine-videoclip, cine-pintura....pero tamén música, moda...
Todos somos influídos e influentes.


Á esquerda o cadro Un bar en el Folies-Bergère (1882) de Eduard Manet. Á dereita a fotografía de Jeff Wall  Picture for women (1979)
No primeiro o espello posterior ocupa máis da metade do lenzo; aparte da real, viva, figura de Suzon (a camareira) practicamente todo é irreal, reflexo e ilusión.
No segundo, o espello substitúese por unha cámara de fotos que fai a mesma función: capturar o que está fóra do cadro.
No primeiro un home con sombreiro mantén unha conversación coa camareira (no espello)
No segundo o personaxe masculino xoga a ser o reflexo do home que mira á rapaza desde o outro lado da barra.
Nos dous casos o espectador ten a estraña sensación de ser parte da escena.

Se na túa cabeza estás establecendo asombrosos PARECIDOS RAZOABLES fáinolos chegar para seguir publicándoos durante todo o curso.