Parecidos razoables: Diego Velázquez vs Helmut Newton
La Venus del espejo (1647-51) é un cadro de Velázquez, actualmente encóntrase na National Gallery de Londres, onde se exhibe como The Toilet of Venus ou The Rokeby Venus.
Bergström Over Paris é unha fotografía de Helmut Newton, 1976, para a revistaVogue.
A obra de Velázquez representa a deusa Venus nunha pose erótica, tumbada sobre unha cama e mirándose nun espello que sostén o deus do amor sensual, o seu fillo Cupido. Trátase dun tema mitolóxico pero Velázquez dalle un trato mundano, non trata a figura como a unha deusa senón, simplemente, como a unha muller.
Newton faille un claro homenaxe: desnudo femenino, espello, o límite oblícuo da cortinaxe vermella coincide coa rúa de París, a vertical de Cupido co marco da ventá...
Pero o interesante neste caso son os cambios que introduce o fotógrafo: zapatos de tacón de agulla e pendentes, fondo aberto sobre o mundo frente a fondo cerrado e intimista... con qué intención?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!