dialnet.unirioja.es |
Lonxe de aquí, onde o Miño afoga no mar,
levan cinco anos facendo un certame de poesía
entre alumnos de instituto.
No 2011, non podes faltar á cita!
REQUISITOS:
*Ter a idade sinalada nunha destas modalidades:A) de 12 a 15 anos
B) de 16 a 20 anos
*4 poemas en galego, inéditos e de tema e forma libres.
*Baixo pseudónimo, e cos datos en sobre pechado.
*Envialo todo por correo, á organización do certame
*A admisión péchase o día 27 de maio de 2011
PREMIOS:
A) 1º premio: 150 euros2º premio: 100 euros
B) 1º premio: 200 euros
2º premio: 150 euros
3º premio: 100 euros
Máis info, na túa biblio.
Sabedes?
ResponderEliminarXela Arias naceu en Lugo en 1962, e morreu no 2003, inesperadamente (tan só con 41 anos), en Vigo, onde fora vivir sendo aínda cativa. Ademáis de poetisa, foi tradutora, editora e profesora en varios institutos.
No seu libro de poemas "Daría a diario", que escribiu como un froito máis da súa maternidade, hai versos sinxelos pero fermosos, coma estes:
"Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único."