Lingua minoritaria?

Un fermoso vídeo para reflexionar sobre a nosa lingua, 
nesta data especial que sempre é o 17 de maio, día das Letras Galegas.

9 comentarios:

  1. Pilar López18/5/11

    Miguel,acabas de facer unha excelente escolla ao publicar este vídeo. Parabéns!
    Sabiades que a nosa lingua ocupa o posto 136? Seguro que nunca nos tiñamos parado a pensar en que situación se atopa o noso idioma. Agora xa o sabedes, así que a seguir gozando das nosas palabras.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Carla18/5/11

    Ola!pois a verdade é que a nosa lingua que esta moi ben no número do posto,entón porque nos estamos a preocupar tanto?Un saúdo
    CARLA

    ResponderEliminar
  3. Pilar López18/5/11

    Ola Carla
    A túa pregunta é moi intelixente e razoable.
    Tentarei explicarche un pouco.
    O posto que ocupa hoxe é grazas aos falantes de hoxe, pero desgraciadamente moitos mozos e mozas non escollen a nosa lingua para se comunicaren a cotío, e unha lingua estará viva se hai alguén que a use. A xente maior, que é a que máis emprega o galego, vai morrendo e con ela perdemos falantes e se non se produce esa substitución xeracional, é dicir, se os novos non a usamos en todos os ámbitos da vida, o galego irá perdendo postos. Ademais ás veces as políticas que se seguen non son moi defensoras da nosa lingua.
    Por iso debemos FALAR, AGARIMAR E QUERER MOITO O NOSO IDIOMA.

    Dixo Celso Emilio Ferreiro nun poema moi fermoso o seguinte:

    "Lingua proletaria do meu pobo
    eu fáloa porque si, porque me gusta
    porque me peta e quero e dame a gana
    porque me sae de dentro, alá do fondo..."

    Este é un dos meus poemas preferidos. Se non o coñeces, podes buscar en internet e podes lelo con atención, verás que fermoso é.

    Unha aperta moi forte

    ResponderEliminar
  4. david18/5/11

    eu tamen pensaba que o galego iba estar moito mais abaixo pero parece que non.

    ResponderEliminar
  5. Grazas Pilar agora xa o entendín! e leerei ese poema que ti me dis.
    Un saúdo.
    CARLA

    ResponderEliminar
  6. Ola,Pilar ten algún nome o poema ou como o podo atopar?
    GRAZAS
    Recordos

    ResponderEliminar
  7. Ola Carla.
    Aquí vos deixo o poema que mencionaba Pilar, de Celso Emilio Ferreiro:

    DEITADO FRENTE AO MAR
    Lingoa proletaria do meu pobo,
    eu fáloa porque sí, porque me gosta,
    porque me peta e quero e dame a gaña;
    porque me sai de dentro, alá do fondo
    dunha tristura aceda que me abrangue
    ao ver tantos patufos desleigados,
    pequenos mequetrefes sin raíces
    que ao pór a garabata xa nan saben
    afirmarse no amor dos devanceiros,
    falar a fala nai,
    a fala dos abós que temos mortos,
    e ser, co rostro erguido,
    mariñeiros, labregos do lingoaxe,
    remo i arado, proa e rella sempre.
    Eu fáloa porque sí, porque me gosta
    e quero estar cos meus, coa xente miña,
    perto dos homes bos que sofren longo
    unha historia contada noutra lingoa.
    Non falo pra os soberbios,
    non falo pra os ruis e poderosos,
    non falo pra os finchados,
    non falo pra os valeiros,
    non falo pra os estúpidos,
    que falo pra os que agoantan rexamente
    mentiras e inxusticias de cotío;
    pra os que súan e choran
    un pranto cotidián de volvoretas,
    de lume e vento sobre os ollos núos.
    Eu non podo arredar as miñas verbas
    de tódolos que sofren neste mundo.
    E ti vives no mundo, terra miña,
    berce da miña estirpe,
    Galicia, dóce mágoa das Españas,
    deitada frente ao mar, ise camiño...

    Celso Emilio Ferreiro

    ResponderEliminar
  8. Nerea 1º BAC20/5/11

    Como dixo Pilar é un vídeo moi bonito! Demostra que o galego seguirá vivo mentras nós queiramos. Por que hai xente que renega del? Pois non atopo unha boa resposta pero eu diríalles que deberían tar orgullosos del , xa que forma parte de nós, da nosa forma de ser, e da nosa historia! Eu falarei galego para que esta lingua perdure ao longo dos anos.

    ResponderEliminar
  9. Raquel 1ªbac2/6/11

    Para min este video representa exactamente a todos aqueles que fan que o galego prospere e sexa unha lingua rica. O video pareceme francamente bo. E dende aquí mesmo quero mandar un saúdo a todos os que fan posible este blog e tamén aproveito para mandar un bico enorme a Pilar.

    (100% galega)

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!