Historia e Antropoloxía, nos Oscos-Eo

Hai un par de semanas, visitamos a comarca Oscos-Eo
Nela atopamos un montón de recursos, e un día que non soñáramos ao saír de Meira pola mañá.
Contemplamos o castro, e recorremos a historia dos coitelos en Taramundi.
Comemos e paseamos á beira dun fermoso río, en Pumares.
Descubrimos que Sargadelos naceu nunha pequena casa dunha aldea dos Oscos.
Imaxinamos un pasado no que era preciso un mazo xigantesco para dar forma ao ferro.
E ata acabamos collendo o martelo para facer cravos dos que xa non se atopan.
Iso si: saiu mellor o día que o cravo!


1 comentario:

  1. teresa ;-)14/6/11

    joooooooooo!!!!!!!!! Miguel podiasnos levar ahi joooo!!!! tanto che costa , co chulo que .asi periams clases ou examene inda millor. jajajajajajajaja

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!