"Yesterday I set up a stall in the park selling 100% authentic original signed Banksy canvases.
For $60 each."
For $60 each."
Please note: This was a one off. The stall will not be there again today.
Grafitis a 60 dólares!!
Grafitis a 60 dólares!!
BANKSY (clic) é o grafitero máis famoso do mundo, os seus cadros alcanzan prezos desorbitados no mercado da Arte, é o autor de imaxes tan populares como a que retrata a dous policías británicos que se funden nun bico.Esto foi o que montou en NY!:
Banksy instalou nos arredores de Central Park un posto na rúa no que se vendían orixinais por 60 dólares. Só tivo tres clientes que compraron oito cadros en total. Entre os ofrecidos había unha versión de 'Love is in the Air' (O amor está no aire)-podedes velo na primeira foto: un manifestante lanza un ramo de flores a xeito de cóctel molotov- que cando se subastou en Londres alcanzou a cifra de 194.000 euros.
Banksy na NOSA BIBLIOTECA |
Que estamos comprando cando compramos un cadro? Porqué se pagan prezos tan altos por algunhas obras? porque son únicas e irrepetibles? porque son dun determinado e recoñecido autor?porque non son falsificacións?...
Bendito Banksy,
que trata de devolverlle a Arte a súa antiga e inxénua función (expresar, comunicar,emocionar, reconciliar...) burlándose dos que confunden o valor económico dunha obra de arte co seu valor artístico, cultural ou histórico.
Por suposto os que dominan o mercado virannos a dicir agora que non é un artista senón un vándalo...
ResponderEliminar