Normalmente adoitamos asociar a un escritor coa palabra escrita, coas súas obras. Por iso a visita dun escritor convértese nun xogo de máxia e feitizo, semellante a de poñer rostro a un locutor radiofónico do que o único que coñecemos é a súa voz.
Chegaba ao noso centro o pasado 27 de novembro Joan Manuel Gisbert, precedido dunha gran sona e enorme prestixio pola súa abondosa produción literaria no eido infantil e xuvenil, cun importante ronsel de premios e recoñecementos.
Cabe dicir que nos aportou unha hora de pracer, de disfrute, de inxenio, de bo humor e… de coñecementos e intriga.
Quédanos o recordo dunha persoa amable e cordial e o desexo de adentrarnos máis no seu universo imaxinativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!