O carteiro sempre chama dúas veces:
"Non estou máis que cumprindo unha promesa que fixen no 30 aniversario do instituto, que non me esquecín. Esta postal fará o percorrido á inversa que eu fixen hai cinco meses, eu irei detrás dela nuns días. Póñome a pensar en como cambiou todo e cambiei eu neste tempo, e acórdome de como cambiamos e como medramos durante os nosos anos aí, de como nos vedes cocernos no forno. E, sobre todo, doume conta do importante que é a leña del. Un abrazo de moitos quilómetros"
Grazas polo exquisito regalo, Cristina. Alegrámonos moito dese cambio que observas na túa persoa e que seguro é moi enriquecedor.
As túas palabras fannos pensar que a nosa profesión é a máis bonita do mundo!!!
Un abrazo de 3.793 Km!
ResponderEliminarQue non se che acaben as ganas de ver, de aprender e de cambiar!
Cando volvas vennos ver.
Do mismo modo que ao marchar saímos cargados, estou segura Cris que volverás chea de cousas que ensinarnos. Un abrazo enorme!
ResponderEliminarXa viñen detrás da postal, quédame o camiño ata Meira, pero prontiño o farei!
ResponderEliminar