O Agasallo de Anya é un libro
Conta a realidade de dúas nenas de once anos: Xiana , galega, e Anya,ucraína,
que a pesar dos quilómetros que as separan non son moi diferentes
cando se poñen a falar das súas cousas.
Pero o que de verdade conta O agasallo de Anya
é que despois da aventura que conecta ás dúas protagonistas,
as dúas saen gañando, a axuda é mutua.
que a pesar dos quilómetros que as separan non son moi diferentes
cando se poñen a falar das súas cousas.
Pero o que de verdade conta O agasallo de Anya
é que despois da aventura que conecta ás dúas protagonistas,
as dúas saen gañando, a axuda é mutua.
A autora, Sabela Singala,
foi profesora de Matemáticas neste Insti a finais do Século XX,
e a pesar de ser amiga (e ainda comadre) de Belén e Vitoria escribe libros como este.
Se queres recibir o precioso agasallo,
está nas páxinas deste libro,
só tes que collelo!
Non pensedes que vou para modelo...aínda que valería!hahahaha.
ResponderEliminarNesta foto o importante é o libro que Vitoria e mais eu temos nas nosas mans: O Agasallo de Anya. Gustaríame que moitas e moitos de vós lle adicásedes un anaquiño do voso tempo para lelo, pois iavos de ensinar (como fixo comigo) a ver a vida doutro xeito, a valorar máis o que temos e a un sinfín de cousas máis que iredes descubrindo ao longo da historia.
Espero con impaciencia os vosos comentarios!
Ohhhh! Que palabras tan bonitas, comadres! Vós si que sodes escritoras...
ResponderEliminarTócame contarvos que gardo fantásticos recordos daqueles marabillosos anos (finais do século pasado, si) compartidos co alumnado do instituto de Meira.
Grazas!!!
Mañá collo o libro a ver que é.