CONFIRMADO,
o corazón do instituto goza de boa saúde,
o órgano que concentra os nutrintes e despois os reparte por todo o centro
NON SE PARA:
LATEXOS 21
latexa:
En canto vai seco o pozo do invento
e o autor fatigado quere ir acabando,
di "seguirémo-lo próximo día".
"O próximo día é hoxe!", respóndelle.
E así foi xurdindo o país aquel,
así pouco a pouco as súas marabillas
***
GRAZAS, CORAZÓN!
O corazón é, en anatomía, o órgano principal do aparato circulatorio dos animais, impulsor da circulación do sangue. É un músculo estriado oco que actúa como unha bomba aspirante, que aspira cara as aurículas (cavidades superiores do corazón) o sangue que circula polas veas e o impulsa ás arterias desde os ventrículos (cavidades inferiores do corazón). Entre estes dous atópase unha válvula que fai que a dirección da circulación sexa a adecuada. O corazón é un órgano musculoso e cónico situado na cavidade torácica, que funciona como unha bomba, impulsando o sangue a todo o corpo. Un pouco máis grande que un puño, está dividido en catro cavidades: dous superiores, chamadas aurículas, e dous inferiores, chamadas ventrículos. O corazón impulsa o sangue mediante os movementos de sístole e diástole.No ser humano o corazón sitúase na cavidade torácica e ten forma de pirámide triangular ou cono.Aurícula dereita[editar | editar a fonte]
ResponderEliminarA aurícula dereita está comunicada co ventrículo dereito a través da válvula tricúspide. Recibe sangue venoso pobre en osíxeno procedente de todo o organismo a través de dúas grandes venas, a cava superior e a cava inferior. A superior leva sangue venoso do pescozo, cabeza e membros superiores. A cava inferior trae sangue do tronco, abdome e membros inferiores. O sangue venoso chea a aurícula e esta impúlsao cara ao ventrículo dereito. A aurícula dereita está comunicada coa esquerda a través do foramen oval. Durante a vida intrauterina, o burato permite o paso de sangue venoso da dereita á esquerda. É imprescindible, xa que o feto non respira e o sangue que iría aos pulmóns é desviado cara a circulación sistémica. Tras o nacemento, a presión exercida polo sangue na aurícula esquerda, provoca o peche do foramen. A persistencia do foramen é unha severa patoloxía que hoxe en día é atendida polos servizos de cirurxía cardíaca ou cardioloxía intervencionista.
Ventrículo dereito[editar | editar a fonte]
O ventrículo dereito está comunicado coa aurícula dereita a través da válvula tricúspide. Recibe sangue venoso e impúlsao cara aos pulmóns a través das arterias pulmonares. Atópase separado do ventrículo esquerdo por un tabique fibromuscular máis groso na parte inferior. Na parte superior é habitual que exista un burato durante a vida intrauterina, que permite o paso de sangue cara ó ventrículo esquerdo.
Aurícula esquerda[editar | editar a fonte]
A aurícula esquerda recibe sangue venoso osixenado procedente do pulmón a través das veas pulmonares (catro en total). Despois, bombea o sangue cara ao ventrículo esquerdo, do que está separado pola válvula mitral. Durante a vida intrauterina comunícase coa dereita a través do foramen oval. Tras o nacemento, péchase. A súa persistencia é unha patoloxía grave.
Ventrículo esquerdo[editar | editar a fonte]
O ventrículo esquerdo é notoriamente maior que o dereito. Bombea o sangue rico en osíxeno procedente da aurícula esquerda e distribúeo por todo o organismo. Comunícase coa aurícula coa válvula mitral e coa arteria aorta a través da válvula aórtica.Anatomía de superficie do corazón humano. O corazón está delimitado por:
-Un punto de 9 cm á esquerda da liña midsternal (punta do corazón)
-A articulación esternocostal sétima dereita
-O bordo superior da terceira cartilaxe costal dereita, a 1 cm da liña esternal dereita
-O bordo inferior da segunda cartilaxe costal esquerda, a 2.5 cm da liña esternal lateral esquerda.O corazón é o primeiro que vive
na estrutura do animal e o último
que morre. Nel ten o seu comezo
e o seu remate a vida.y A válvula tricúspide entre a aurícula dereita e o ventrículo dereito.
A válvula mitral ou bicúspide entre a aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo.O lado dereito e o lado esquerdo do corazón están totalmente separados por un groso
tabique, de forma que o sangue que circula polo lado dereito nunca se mestura co que
circula polo lado esquerdo.