ESTE ANO CELÉBRASE EN MEIRA

A Olimpíada Tecnolóxica é un evento educativo e cultural que tivo a primeira edición no Cebreiro no ano 2007.
Dende aquela data celebrouse de xeito ininterrompido (agás no ano 2017), sendo este ano a decimo segunda edición da actividade.
Este ano celebrarase en Meira e participarán 110 alumnos/as do CPI de Cervantes, IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa), IES Leiras Pulpeiro (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira).
Contamos tamén con 25 profesores e profesoras dos anteditos centros para corrixir probas e vixiar ao alumnado. No evento participa o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO que compiten en grupos heteroxéneos en canto ao centro de procedencia, xénero e capacidades, facendo probas virtuais nos meses previos (a través da web: tecnogalicia.blogspot.com) e probas presenciais o 7 de maio en Meira, relacionadas coa materia de Tecnoloxía.
Despois das probas o alumnado e profesorado participante disfrutará dunha comida para confraternizar e distintas actividades de lecer (visita guiada ao Pedregal de Irimia, teatro, ruta de sendeirismo arredor do río Miño e entrega de premios).
O obxectivo, a maiores de traballar os contidos da área de Tecnoloxía dun xeito atractivo para o alumnado, é o de fomentar a lingua e a cultura galegas, xa que todo o evento (probas, indicacións, visitas...) está no idioma galego e trabállase o patrimonio cultural (igrexa de Meira) e natural (río Miño) da zona onde se realiza. A I Olimpíada Tecnolóxica recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa da Consellaría de Educación.


PROGRAMA
11:00-11:40 Recepción de participantes. Entrega de material
11:40-12:00 1ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
12:00-12:20 2ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
12:20-12:50 Descanso - pequena merenda (Cabanón da feira)
12:50-13:10 3ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
13:10-13:30 4ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
13:30-13:50 5ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
13:50-14:10 6ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica
14:10-15:00 Xantar (Cabanón da feira)
15:00-16:00 Ruta de sendeirismo (Igrexa de Meira-Lagoa de Fonmiñá, 3,5 km)
16:00-16:30 Visita ao Pedregal de Irimia (nacemento do río Miño) e regreso á Casa da cultura (autobús)
16:30-17:15 Teatro escolar (Casa da cultura) a cargo da Aula de Teatro do IES Pedregal de Irimia 17:15-17:45 Entrega de premios (Casa da cultura)
17:45-18:00 Despedida

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!