CHEGOU O MAPA DE FONTÁN A MEIRA

 Esta semana tivemos unha visita sorpresa, e chegou para quedar no IES de Meira: O MAPA DE GALIZA DE DOMINGO FONTÁN. Trátase do primeiro mapa científico feito na península ibérica. Esta magna obra (cunha exactitude que sorprende aínda hoxe) realizouse grazas ao traballo de campo feito durante 17 anos. A "Carta xeométrica de Galicia" publicouse por vez primeira en París no 1845, despois de moitos atrancos. Como vedes nas seguintes imaxes, e dadas as súas dimensións, o mapa de Fontán estará custodiado no Departamento de Xeografía e Historia (para maior aproveitamento didáctico do mesmo). Anímate a velo (fala con Fina ou Rubén) e busca a túa parroquia!!!




Preme AQUÍ para velo ao completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!