ENTREGA DE PREMIOS DO II CERTAME LITERARIO DO IES PEDREGAL DE IRIMIA

 O martes, 22 de xuño de 2021, fíxose a entrega de premios do II Certame literario do IES Pedregal de Irimia, na Casa da Cultura de Meira. Acompañados pola Vicepresidenta da Deputación de Lugo (Maite Ferreiro), o Concelleiro de Cultura de Meira (Agustín Méndez), o representante do CEIP Avelino Díaz (titor de 6º de EP, Pablo Abuín) e os membros do xurado, entregamos tres premios e dous accésit ás mellores obras.

Dende o IES Pedregal de Irimia queremos agradecer a todos/as os/as participantes (concurriron 46 obras entre as catro categorías!!!) e a todas as entidades colaboradoras.

A continuación deixamos constancia da acta do xurado, xunto coas fotos da entrega de premios.


ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DO II CERTAME LITERARIO DO IES PEDREGAL DE IRIMIA

Sendo as 16:00 h do día 11 de xuño de 2021, na localidade de Meira, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios do II Certame literario do IES Pedregal de Irimia, convocado polo centro homónimo e coa colaboración do Concello de Meira, da Área de Cultura da Deputación de Lugo e do CEIP Avelino Díaz de Meira, do que forman parte:

Presidente: o vicedirector do IES Pedregal de Irimia, D. Óscar Trigo Abraira.

Vocal 1: o responsábel do EDL do IES Pedregal de Irimia, D. Rubén Pol Valiño.

Vocal 2: a xefa do departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Pedregal de Irimia, Dna. Pilar Alonso Leivas.

Vocal 3: unha profesora do CEIP Avelino Díaz, Dna. Ángela Fernández Fernández.

Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o responsábel da Biblioteca do IES Pedregal de Irimia D. Mario Outeiro Iglesias.

Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados no II Certame literario o IES Pedregal de Irimia como segue:

CATEGORÍA: INFANTIL

GAÑADORA: Iris Fernández García, pola obra “Problemas na aula de 6º”.

ACCÉSIT: Raúl García Pumares, pola obra “Historia dun piñeiro”.

CATEGORÍA: XUVENIL 1

GAÑADORA: Daniela Teijeiro Luna, pola obra “Érase unha vez que se era un homiño da nosa terra”.

ACCÉSIT: Antón Murado Folgueira, pola obra “A vida dunha mazá”.

CATEGORÍA: XUVENIL 2

GAÑADORA: María Melania Sandu, pola obra “Un inesperado algo”.

CATEGORÍA: ADULTOS

Deserto.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 17:00 h do día 11 de xuño de 2021.


CATEGORÍA: INFANTIL

GAÑADORA: Iris Fernández García, pola obra “Problemas na aula de 6º”.


ACCÉSIT: Raúl García Pumares, pola obra “Historia dun piñeiro”.


 CATEGORÍA: XUVENIL 1

GAÑADORA: Daniela Teijeiro Luna, pola obra “Érase unha vez que se era un homiño da nosa terra”.


ACCÉSIT: Antón Murado Folgueira, pola obra “A vida dunha mazá”.

 

CATEGORÍA: XUVENIL 2

GAÑADORA: María Melania Sandu, pola obra “Un inesperado algo”.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!