V Exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia

 


O martes, día 8, e o mércores, día 9, de novembro permanecerá aberta a V exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia. A exposición realizada na biblioteca do centro contou este ano con máis de 200 exemplares de 55 especies distintas de cogomelos recollidos na contorna e perfectamente identificados con cadansúa ficha.

De novo a exposición foi froito da colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus e as achegas de cogomelos de profesorado e alumnado (23) do centro.

A exposición contou como información complementaria con:

  • Unha colección de utensilios básicos dun/ha micólogo/a.
  • Libros, revistas e lexislación micolóxica.
  • Presentación cos conceptos básicos de micoloxía e as fichas ilustradas dos cogomelos máis comúns da contorna.
  • Paneis informativos dos hábitats dos cogomelos (cedidos temporalmente pola S.M. Lucus)

Como novidade, este ano a exposición abriuse ao público durante a mañá do martes, día 8, asistindo numerosas familias así como os residentes do Centro de Atención de Maiores de Meira.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!