Día de Rosalía

 Xosé Otero Canto, Alfonso Blanco, Anxo Grande, o grupo musical Son Galego e o noso alumnado converteron o Día de Rosalía nunha data especial na que, ademais de festexar a nosa poeta máis senlleira, reivindicamos a lingua materna de todas as nosas alumnas e alumnos.

Catro alumnas de 3.º exerceron de xornalistas para entrevistar os convidados ó acto.

Xosé Otero Canto presentounos o seu libro Romanceiro do Pedregal. Lendas do Pedregal de Irimia, acompañado polo fundador de Xermolos -que participou na edición-, Alfonso Blanco  e polo seu ilustrador, Anxo Grande que, á súa vez, veu acompañdo do resto de membros do grupo Son Galego, que puxeron a parte musical á celebración. 

Ademais, o EDLG elaborou un vídeo coa recitación dun poema de Rosalía de Castro. Escoitar  "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro en boca do alumnado do centro nas súas diferentes linguas maternas supuxo un momento especialmente emotivo.



Pinchando aquí podedes acceder ó vídeo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!