Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes. Este é o título do documental que puidemos ver onte na biblioteca da man de Carlos Veiga e Paco Veiga, que viñeron acompañados de catro destes segadores en Castela, catro nenos que foron no seu día, catro picariños que se desprazaron a Castela para atar os mollos de cereal e que onte nolo viñeron contar ó instituto para deixar constancia do seu traballo, para que tomásemos consciencia das dificultades da vida nunha época non moi remota. En fin, para que non esquezamos quen somos e de onde vimos.
A eles, a través de Manolo do Valente, a Cándido do Burón, a Tino do Conde e a Manolo do Maruxo, que nos acompañaron nesta mañá, queremos renderlles a nosa humilde, pero sentida homenaxe.
Nas seguintes imaxes podemos ver o calzado que usaban e tamén a zoqueta que utilizaban os segadores para protexerse de posibles cortes co fouciño. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!