ACTA
DA REUNIÓN DO XURADO DO CERTAME LITERARIO “CANDO REMATE ESTE PESADELO...”
Sendo as 12:00 h do día 12 de xuño de 2020, na localidade de Meira, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios do certame literario “Cando remate este pesadelo...”, convocado polo IES Pedregal de Irimia, do que forman parte:
D. Óscar Trigo Abraira (vicedirector do IES Pedregal de Irimia)
D. Rubén Pol Valiño (responsábel do EDL do IES Pedregal de Irimia)
Dna. Josefa Rielo Fernández (profesora do CEIP Rosalía de Castro)
D. Eduardo Vijande Lombardía (profesor do CEIP Avelino Díaz)
Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o responsábel da Biblioteca do IES Pedregal de Irimia D. Mario Outeiro Iglesias.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados no certame literario “Cando remate este pesadelo...” como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL A (gañadoras “ex aequo”)
Iris Fernández
García, pola obra “A nova vida de Marcos e Lucas”.
Arancha Fernández
Mora, pola obra “Unha mensaxe de esperanza”.
CATEGORÍA: INFANTIL B
Deserto
CATEGORÍA: XUVENIL A
Deserto
CATEGORÍA: XUVENIL B
Deserto
CATEGORÍA: ADULTOS
Uxía Rodríguez
Crecente, pola obra “Loitar e perder”.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 14:00 h do día 12 de xuño de 2020.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!