Durante as vindeiras semanas os corredores do IES Pedregal de Irimia acollerán a exposición do CEIDA titulada: Galicia Diversidade. Esta exposición está formada por 19 paneis con contidos didácticos apropiados para secundaria e bacharelato.
Se queres máis información sobre a exposición (ver os paneis no ordenador...) preme AQUÍ.
DESCRICIÓN
A biodiversidade é o resultado da
evolución e adaptación das especies ás condicións ambientais nas que viven. En
Galicia contamos con factores ambientais diversos que caracterizan as
diferentes paisaxes do noso territorio - a climatoloxía, orografía, e
hidroloxía - dando lugar a unha inxente variedade de ecosistemas: fondos
mariños, litorais, marismas, bosques, matogueiras, ríos, regatos, montañas e
paisaxes agrarias.
En Galicia existen unhas 20.000 especies
animais e vexetais que aproveitan os recursos desta diversidade de hábitats.
Entre estas especies destacan as máis ameazadas, debido á construción do seu
territorio ou a sobreexplotación, e os endemismos, especies propias da nosa
área xeográfica e que non se atopan noutro lugar do mundo.
A implantación de figuras de protección
sobre os nosos espazos naturais máis representativos e ricos en especies,
permite garantir a conservación desta biodiversidade.
Por
que esta exposición?
A través desta exposición terás a
posibilidade de coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que podes
atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza
que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atoparás as principais especies galegas de flora e fauna, as súas
características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as
ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. Tamén poderás
coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a
actividade humana, por exemplo, na alimentación, grazas á cría e cultivo de variedades
galegas de maior calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!