LIBRO ESCOLLIDO NO CLUB DE LECTURA XUVENIL PARA O 1º TRIMESTRE

Os membros do club de lectura xuvenil escolleron o libro "Maus" de Art Spiegelman para ler este primeiro trimestre. Trátase dun mítico cómic que ilustra á perfección os duros acontecementos da II Guerra Mundial.

Moi breve sinopse

Ratos e gatos serven a Art Spiegelman para narrar con gran mestría e unha linguaxe innovadora a biografía do seu pai, Vladek, xudeu polaco supervivente do Holocausto. Con esta conmovedora historia, Spiegelman marcou un fito na novela gráfica.



O autor: Art Spiegelman

Art (diminutivo de Artie) Spiegelman é un historietista estadounidense nacido en Estocolmo (Suecia), o 15 de febreiro de 1948, fillo dunha familia xudía polaca. Procedente do underground e consciente das correntes artísticas contemporáneas, convertiuse a principios dos anos 80 nun dos máis influíntes historietistas alternativos do seu país, tanto pola súa obra propia (entre a que destaca Maus, na que denunciou o Holocausto a partires da experiencia vital dos seus pais xudíos perseguidos polos nazis) como polo seu traballo de editor e de estudo do medio a través da revista Raw. Influíu notablemente á xeración máis moza de autores estadounidenses, como Craig Thompson ou Alex Robinson.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!