Jesús recolle Premios


Pois aquí o tedes, na entrega do
XV Premio Literario Ánxel Casal!
en Santiago de Compostela.

Aparte dos premiados, o xurado quixo conceder unha mención especial a Jesús Castro Yánez, do IES Pedregal de Irimia, de Meira, pola súa obra Paxarotempos.

O xurado destacou o:
"acertado manexo do contrapunto poético por parte do seu autor e a introdución de interesantes notas humorísticas nos seus versos cun sabio manexo da caligrafía poética, así como un magnífico tratamento do espazo lírico".

Amén!
Noraboa desde o teu IES, Jesús.
E a seguir medrando!

4 comentarios:

  1. Noraboa Xesús,apeteceme ler ese poema.
    Preguntabame se poderiais publicar o poema nesta páxina.
    Grazas e adeus.

    ResponderEliminar
  2. É certo. A ver se Jesús se anima a traernos un día destes a súa obra!

    ResponderEliminar
  3. Ei, encántame esta páxina e acabo de descubrir a súa existencia. É unha forma de tervos un poquiño máis cerca e seguir en contacto. Noraboa!

    P.D.: eu xa lin os poemas de Jesús...e quédaste así: :0

    ResponderEliminar
  4. Ola Candela! Que ben terte por aquí! Isto xa empeza a servir para xuntarnos a todos...
    Grazas polas túas palabras, e a ver se animas a Jesús a mandarnos aínda que só sexa un pedaciño de "Paxarotempos"... Nós tamén queremos quedarnos :o!

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!