Fin de curso 2011

Despois de nove meses, xa temos a criatura: vós.
Así que había que celebralo como está mandado: con butaca de terciopelo, escenario, aplausos, palmas, risas, monólogos (o señor director ten futuro no Club da Comedia) e moita mooooita música.
Novamente, GRAZAS por regalarnos o voso traballo, a vosa paixón... a vosa música.

Para a maioría, esta só é unha despedida momentánea, pois en setembro todos volveremos.
Pero quero lembrarme deses poucos aos que lles toca deixarnos para saír a morder o mundo. 
Sodes especiais. Tendes mil virtudes. 
Ilusionádevos. Traballade. Ide a por todas. O mundo é voso.
E cando vos apeteza, volvede a vernos. Porque sempre estaremos agardándovos.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!